O martes 24 de febreiro ás 23.59 horas, segundo o estabelecido polo regulamento, rematou o prazo para a presentación de candidaturas ás primarias da Marea Atlántica. O Órgano de Arbitraxe recibiu unha única candidatura individual para encabezar a lista, a de Xulio Ferreiro Baamonde, e outras cinco que optan ao resto dos postos. Este venres, emendados os erros que sexa preciso emendar e entregada a documentación que sexa demandada, estas candidaturas serán proclamadas definitivamente coincidindo co inicio da campaña. Esas serán as que os electores e as electoras poderán votar os vindeiros 7 e 8 de marzo.
Esta é a relación completa de candidaturas presentadas:
Candidatura Individual á Cabeza de Lista
Listas abertas
Cidadanía en Común
- Rocío Fraga Sáenz
- Xiao Varela Gómez
- María Eugenia Vieito Blanco
- José Manuel Sande García
- Claudia Delso Carreiro
- Santiago Lamelo Fagilde
- Begoña Inés Romero Quintela
- Pablo Leira Canedo
- María García Gómez
- Marcos Sampedro Vidal
Ardentía
- María Sonia Sainz Suárez
- Xosé Aller Viaño
- Beatriz Guiance Rostro
- Alejandro Lorenzo Álvarez
Somos Coruña
- Antón Fernández de Rota
- Iria López Iglesias
- Rosendo González Núñez
- María Antonia Trillo Blanco
- Ángel Vázquez de la Cruz
- Zorahaida Casales Alonso
- Roberto Vilariño de la Rosa
- Teresa Mendi Villarejo
- Sergio Irigoyen Vázquez
- Rosa Espiñeira Pan
Plataforma 14 de Abril
- Silvia Cameán Calvete
- Alberto Lema Suárez
- Alicia Alonso García
- Alfonso Mascuñana Bordas
- María Gema Rivera González
- Rafael García Bello
- María Victoria Mejuto Vilas
- Serafín Mourelle Bugallo
- Alejandra del Río Grela
- Nicanor Acosta Alonso
Onda Verde
- Daniel Díaz Grandío
- María José Durán Domínguez
- José Ricardo Saavedra Castro
- Olga Burque Hodgson
- José María Jiménez Bernal
- Carolina Martínez García
Mágoa que non sexa Manuel Rivas o candidato á alcaldía. É o único nome que coñece a xente do común. Con todos os meus respectos para os candidatos e a falta de ver as fotos, todos eles son uns auténticos descoñecidos para a cidadanía. Áparte de que cumprirá unha importante campaña para dar a coñecer os seus curriculums e máis os seus méritos en médios de comunicación moi caros (internet é alleo para a maioría da poboación de máis de 50 anos), tamén cumpren nomes coñecidos como gancho en postos destacados e non na cola, sen ningunha posibilidade de seren electos. Despois das eleccións, xa poderán ceder os seus postos no seu momento. Tamén boto de menos a Roberto Rivas, o bombeiro antidesafiuzamentos, que foi uns dos 99 asinantes orixinais do manifesto. Sería un magnifico representante dos funcionarios municipais e dos movementos de loita social na Coruña.
Suscribo o comentario ó cen por cen.
“8.2. Reservas de postos
A lista de titulares da candidatura da Marea Atlántica será completada con persoas de consenso que pola súa proxección pública avalen todo o proceso, con este fin serán reservados un máximo de 4 postos ao final da lista.”
Haberá forma de modificar este artigo, eliminando o de “ao final da lista”?
Que opinades?
Vou participar nas primarias e votarei a candidatura de MAREA ATLANTICA, unha vez ditoi esto, quero manifestar a miña discrepancia sobre o sistema para elexir a candidatura. Supónse que estas persoas queren dar transparencia e democracia o sistema que estamos a padecer en este país. Unha das lacras máis impresentables do noso sistema e a lei electroral baseada no sistema D’hont que sería algo que hai que modificar e implartar o sistema directo de cada persoa un voto. Non me gusta a cantidade de filtros que se impuseron no sistema polo que se rixe a MAREA ATLANTICA. Paréceme un erro prohibir que o cabeza de lista sexa un politico membro de un partido xa coñecido. Iso e un prexuizo de que todolos politicos habidos ata de agora son sospeitoso e penso que polo contrario hay bastantes na nosa cidade que non teñen nada de que avergoñarse y con unha clara traxectoria de loita polos dereitos dos cidadáns e pola liberdade. Q”uero ver agora tendo en conta os medios de comunicación da nosa cidade, como somos capaces de facer chegar a cidadanía o programa electoral así como os historiais de cada un dos candidatos que indiquen a súa traxectoria e a súa honestidade que os diferencie da morralla que tivemos que padecer ata de agora.