Qué é
A Oficina dos Dereitos é un servizo de asesoría gratuíto, destinado a persoas en situación vulnerable, para orientalas e apoialas na relación coa administración, na solicitude de prestacións ou na defensa dos seus dereitos.
Creada en 2020, dende entón o educador social Rodrigo Gil vén atendendo a ducias de persoas ofrecéndolles este apoio de balde.
A Oficina dos Dereitos é unha iniciativa de Marea Atlántica que financiamos cos salarios dos nosos cargos públicos no Concello e na Deputación da Coruña.
Polo noso Código Ético, os cargos públicos da Marea cobran ata 35.000 euros anuais e doan o resto. Eses cartos financian proxectos coma este ou a Xanela de Proxectos.
Qué facemos
Maioritariamente as consultas e as xestións que atendemos están relacionadas con:
Falta de recursos económicos, problemas de vivenda, descoñecemento dos trámites para acceder aos servizos sociais, consultas de estranxeiría, entre outras.
Podemos axudar en cuestións como:
- Ingreso Mínimo Vital
- RISGA
- Axudas de Inclusión Social
- Tarxeta Básica
- Pensión non Contributiva
- Renda Social Municipal
- Axudas de Emerxencia Municipal
- Bono Taxi
- Bono Comedor
- Outras
Contacta con nós
Se podemos axudarte, chámanos ou envíanos o formulario e nos poñeremos en contacto contigo.
E se coñeces a alguén a quen lle poidamos resultar útiles, faille chegar esta información
Publicacións
A Oficina dos Dereitos ademais, ten publicadas catro guías prácticas nas que recopila información útil sobre os diferentes tipos de prestacións sociais no Estado, na Xunta e no Concello da Coruña, e tamén sobre bonos e tarifas sociais de subministros básicos como auga, electricidade, gas e telecomunicacións.
Podes descargalas premendo en cada unha das imaxes a continuación.