Acordos adoptados pola Asemblea da Marea Atlántica, celebrada o 10 de xuño no centro cívico de Monte Alto
A Marea Atlántica celebrou esta mañá unha asemblea no centro cívico de Monte Alto, coa asistencia de máis de 60 persoas e para facer un balance amplo dos malos resultados do 28M, que nos deixaron sen representación en María Pita, e para decidir sobre o futuro da organización. Tras o debate, a asemblea acordou o seguinte comunicado:
- A Marea Atlántica asume a mensaxe que as urnas expresaron con dureza o pasado 28 de maio e comprométese a abrir unha nova etapa co obxectivo de recuperar a confianza da cidadanía nun proxecto que segue a ser tan útil como necesario para a maioría social da cidade.
- A Marea Atlántica chama ao electorado progresista a mobilizarse e participar activamente nas eleccións xerais do 23 de xullo ante a ameaza de que o fortalecemento da dereita nos comicios municipais e autonómicos se poida traducir na chegada do bloque reaccionario ao Goberno do Estado.
- A Marea Atlántica convocará despois do verán o proceso regulamentario para a elección dunha nova Coordinadora que terá a encomenda de celebrar unha nova Marea Viva.