Saltar ao contido

Somos Coruña

somoscoruna

antonio fernandez de rota

Antón Fernández de Rota

Nacín na Coruña vai 35 anos. Crieime nos Mallos, son veciño de Monte Alto. Adícome á investigación en políticas públicas e a docencia universitaria.

Sociólogo. Doutor en Antropoloxía. Fun profesor da Universidade de Valladolid, e investigador na UC Berkeley, ademáis de en Chile e Portugal.

No 2013 e 2014 traballei no Ecuador da “Revolución Ciudadana”, contratado polo think tank do Estado para dirixir un equipo de investigación en políticas sociais.

Na década que levo na investigación fixen estudos de governabilidade, movementos sociais, sobre as políticas da débeda e, finalmente, no eido da “economías do coñecemento” en relación coa cidade.


iria lopez iglesias

Iria López Iglesias

Coruñesa, mestra especialidade audición e linguaxe, escritora, diplomada en empresariais especialidade finanzas, de Podemos, crítica-constructivista.

Traballo como especialista de audición e linguaxe e traballei de coidadora de discapacitados en educación.

Tamén son diplomada en empresariais. Teño estudos de inglés, italiano e carpintería como humanista. Conto con publicacións para docentes. Son voluntaria en distintas ONGs.

Dende a ilusión e responsabilidade quero formar parte deste proxecto de política limpa, solidaria, social que pretende devolverlle as decisións da cidade ós que a vertebran contando coa voz das profesionais para lexislar.


rosendo gonzalez nuñez

Rosendo González Núñez

Filósofo experto en dereitos humanos e democracia 2.0. Activista do 15M, Podemos e outros movementos sociais. Precario de profesión.

Nacín en Albacete hai 31 anos. Hai 9 vin vivir a A Coruña, cidade que fixen miña.

Dende mozo compaxinei a miña actividade como filósofo coa miña paixón polo cambio social.

En tanto que filósofo participei de grupos de investigación sobre movementos sociais, escrito libros e redactado columnas para xornais como El País.

Como activista participei do movemento alter-globalización, de centros sociais, do 15M e actualmente pertenzo ao Consello Cidadán Municipal de Podemos A Coruña.


m. antonia trillo blanco

María Antonia Trillo Blanco

Vivo no barrio das Flores. Psicóloga e doctora en Socioloxia. Visiting Scholar Univ. Kent, con Ray Phal e R. Crompton. Traballei coa Comision Europea.

Meu compromiso político comezou no 72, o aprendizaxe na loita pola liberdade e os dereitos humáns foron pilares básicos na miña persoalidade.

Meu imaxinario persoal son as miñas veciñas traballadoras do muro dos anos sesenta que coa vitalidade e empuxe foron capaces de sair adiante naqueles tempos difíciles.

Desexo unha Maria Pita chea de contido social, político e no que participe toda a cidadanía.


anxel vazquez de la cruz

Ángel Vázquez de la Cruz

Pediatra e escritor. Ex-director do Hospital Maternoinfantil.

Naceu en Tui.

Estudou medicina en Santiago, especializouse en Pediatría e Neonatoloxía no hospital Infantil do Vall d´Hebrón, onde traballou ata que se incorporou a finais do 74 á A Coruña, onde foi xefe de servizo e director do Hospital Maternoinfantil.

Escritor de relatos e artigos publicados en prensa e en revistas literarias. Autor do guión da película A Romería da Morte, primeiro premio de cine social Ramón Dagá 1975.

En 2010 publica Luz de Tebra (Xerais).


zorahaida casales

Zorahaida Casales Alonso

Educadora social experta en migracións e xénero. Activista dos dereitos das persoas migrantes, sindicalismo e feminismo.

Obreira durante dez anos no precarizado sector do telemarqueting, e Educadora Social vocacional a tempo completo.

Dende moi pequena sei o que é saír da túa terra para buscar un futuro mellor, razón de que as miñas loitas no activismo centrense na esencia da migración coma unha opción e non unha imposición.

A marea atlántica é a oportunidade para dar voz a toda aquela cidadanía invisibilizada que contribue diariamente o tecido da cidade e que por cuestións “burocráticas” non teñen dereito a voto.


roberto vilariño

Roberto Vilariño de la Rosa

Farmacéutico. Activista animalista, polos dereitos sociais e cooperante internacional.

Activista na defensa dos animais en diferentes colectivos da cidade. Imaxino unha vila diferente, que desenvolva políticas públicas axeitadas para combater o maltrato e abandono de animais. Aspiro a unha cidade libre de touradas, circos e outros espectáculos que maltratan animais.

Creo no desenvolvemento de estratexias de control responsable de colonias felinas, medidas de sensibilización e nun Centro de Protección Animal referente da convivencia responsable e da participación da veciñanza.


teresa mendi villarejo

Teresa Mendi Villarejo

Educadora Especial y experta en Gestión de ONG. Largo recorrido en acción social y cooperación. Voluntariado nacional e internacional.

Además de en ONGs he trabajado en diferentes ámbitos, como sanidad y educación, pero siempre me he mantenido ligada al tercer sector, soy una persona comprometida con los valores de justicia, solidaridad e igualdad y creo firmemente en el poder real de la ciudadanía para cambiar las cosas.

Apuesto por el cambio porque creo que es necesario, y porque confío que entre todos lo hagamos posible.


sergio_irigoyen_vazquez

Sergio Irigoyen Vázquez

Xornalista e divulgador científico. Traballei en medios de comunicación e empresas do terceiro sector. Creo na protesta cidadá como vixiancia democrática.

Nacín en Madrid, medrei en Ribadeo e vivo e sinto A Coruña.

Xornalista e divulgador científico, traballei en diversos medios de comunicación e empresas do terceiro sector en Galicia.

Interesado na política desde neno, nunca crín na disciplina de partido porque sempre pensei que cada un de nós somos intelixentes dabondo como para tomar decisións, incluído as políticas.

Desde o punto de vista activista, creo que a protesta cidadá é unha das mellores ferramentas para vixiar e transmitir democracia.


rosa espiñeira pan

Rosa Espiñeira Pan

Son titulada en Historia da Arte e Museoloxía pola Universidade de Santiago. Desde 1986 estudo e difundo a obra escrita e pintada de Luis Seoane.

No 87 viaxo a Bos Aires para inventariar a obra de Luis Seoane vivindo con María Elvira Fernández, viúva de Luis Seoane, da que máis tarde seré albacea testamenteira.

Traballei no Museo Carlos Maside, ediciós do Castro, Museo de Belas Artes da Coruña e na Luis Seoane. Comisaria de exposicións (Fund. Luis Seoane; Audit. de Santiago; Macuf; etc).

Son a editora de figurandorecuerdo(s) edicions.

Recollo a máxima de Luis Seoane “me gusta lo que me gusta y además me gusta que me guste lo que me gusta”.