Saltar ao contido

O goberno local lanzou esta iniciativa, dotada cun millón de euros, sen publicidade nin difusión. E rematou coa presentación dunha soa oferta de compra

O grupo municipal da Marea Atlántica preguntarálle a Inés Rey, no Pleno do 13 de abrio, como explica o fracaso do concurso de compra de locais comerciais por parte do Concello da Coruña, incluído dentro do programa Mover os Baixos e dotado cun millón de euros. Tras lanzalo case sen publicidade nin difusión por parte do Concello, pechouse coa presentación dunha soa oferta de compra.

Isto, que só pode definirse coma un fracaso, non foi aínda explicado por parte dun goberno local que parece empeñado en repetir o erro na segunda liña de axudas de Mover os Baixos, a destinada a pemes e autónomos que puxeran ou vaian poñer en marcha unha actividade nun baixo baleiro. Practicamente non tivo publicidade antes do período de sombra electoral. Da terceira liña, a bolsa de aluguer de locais, non se volveu saber nada.

Mover os Baixos é unha boa política, impulsada pola Marea Atlántica na negociación dos Orzamentos 2022, que quedou en mans dun mal goberno. O 28 de maio haberá ocasión de poñerlle remedio.

Mover os Baixos: Como explica Inés Rey o fracaso do concurso de compra de locais baleiros?