Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

formación-Rosa-Cobo

Xornadas de formación sobre feminismo e partipación política, no local da Marea Atlántica, o vindeiro mércores 4 de marzo ás 21:00, coa participación de Rosa Cobo. Participa!

Facer política feminista é fomentar a participación feminina en todos os eidos, que pasemos a ser suxeitos e non obxectos da política, son as cotas, os textos inclusivos…pero tamén é ter en conta as particularidades do xénero á hora de facer política, tanto na forma como no contido. Na forma, abrindo a porta a unha política relacional que non se base na competitividade e no lucimento persoal, e no contido, que teña en conta as diferentes necesidades e situacións derivadas do xénero á hora de participar.

Temos que explorar novas formas de traballar conxuntamente que deixen atrás esta forma de facer política e abran a porta a unha nova política da inclusión, sendo conscientes destas diferencias, necesidades e carencias que presentamos.

Rosa Cobo é teórica feminista, escritora, profesora titular de Socioloxía do Xénero na Universidade da Coruña e directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da mesma universidade.

Xornadas de formación: feminismo e participación política