Trátase non de asaltar María Pita, senón de sacala á rúa. Trátase non de mudar de zapatos, senón de aprender outro xeito de camiñar. Trátase non de cambiar de xogadores, senón de cambiar de xogo e de regras de xogo. Para garantir este cambio de perspectiva, dotámonos dun código ético que vertebre a honestidade, servizo e transparencia que cremos perfectamente posible no desempeño das políticas locais. Só fai falla outra lóxica. Sentidiño.
Podes botar un ollo ao documento completo do Código Ético (tamén en pdf) aquí.
#HaiMarea