
Que é a Xanela de Proxectos?
A Marea Atlántica naceu como unha plataforma cidadá para trasladar ao eido institucional os valores que caracterizan á nosa cidade e ás súas xentes: os dunha vila atlántica e heteroxénea, de carácter aberto, avanzado, solidario, tolerante e igualitario. Dende o noso compromiso coa cidade nace esta Xanela de Proxectos coma unha convocatoria anual que busca apoiar economicamente proxectos sociais que contribúan á transformación social, política e económica cara un modelo de cidade máis xusto, equitativo e sostible
Quen pode participar desta convocatoria?
Calquera entidade xurídica, asociación, fundación ou cooperativa sen ánimo de lucro que teña o seu ámbito de actuación na cidade da Coruña.
Como se financia?
Cos excedentes salariais dos cargos públicos da Marea Atlántica, aplicando os límites establecidos no noso Código Ético, que tamén indica que se destinen a financiamento de proxectos e fins de ben social.
Como contactar?
No enderezo electrónico: proxectos@mareatlantica.org
Enderezo físico:
Local da Marea Atlántica
Plaza dos ovos 2, baixo. A Coruña.
(debido á situación actual producida polo Covid19, atenderase fisicamente só con cita previa)
Prazos
AMPLIAMOS UN MES O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
Proceso | Data |
Constitución do tribunal e comité avaliador | 23 de xullo 2021 |
Publicación da convocatoria | 26 de xullo 2021 |
Prazo presentación online dos proxectos | Do 27 de xullo AO 13 DE OUTUBRO |
Avaliación | Do 14 ao 28 de outubro de 2021 |
Publicación resultados provisionais | 2 de novembro de 2021 |
Emendas | Do 3 ao 9 de novembro de 2021 |
Publicación de resultados definitivos | 12 de novembro de 2021 |
Prazo de seguimento e realización dos proxectos | Ata seis meses dende a adxudicación definitiva e sinatura dos convenios |
Prazos
AMPLIAMOS UN MES O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
Proceso | Data |
Constitución do tribunal e comité avaliador | 23 de xullo 2021 |
Publicación da convocatoria | 26 de xullo 2021 |
Prazo presentación online dos proxectos | Do 27 de xullo AO 13 DE OUTUBRO |
Avaliación | Do 14 ao 26 de setembro de 2021 |
Publicación resultados provisionais | 27 setembro de 2021 |
Emendas | Do 28 ao 30 de setembro 2021 |
Publicación de resultados definitivos | 4 de outubro 2021 |
Prazo de seguimento e realización dos proxectos | Ata seis meses dende a adxudicación definitiva e sinatura dos convenios |
A xustificación económica farase en dous tramos:
1º) Ata o 31 de decembro de 2021
2º) Dende o día 1 de xaneiro do 2022 ata a data de finalización de cada proxecto