Saltar ao contido

Onda Verde

ondaverde

daniel diaz

Daniel Díaz Grandío

Pai formado en enxeñaría civil e estudos do territorio, apaixoado polo transporte público e mobilidade sustentable.

Nacido e vivido no barrio de Eirís, barrio traballador periurbano.

Formeime no ámbito da topografía, urbanismo, enxeñaría civil e xestión e análise do territorio.

Non cesarei de insistir na necesidade de convertir ó transporte público na primeira opción na cidade e na área metropolitana, na bicicleta como ferramenta de cambio e pacificación das rúas e no peón como centro das políticas na cidade.


mjose duran

María José Durán Domínguez

De formación informática pero de corazón defensora do medio ambiente. Membro do grupo promotor de Nosa Enerxía S. Coop.

Estudei informática na universidade e co tempo vin que o medio ambiente ten que ser algo transversal a aplicar en todas as políticas.

Con esta premisa e como cidadá da Coruña quero aportar a miña ilusión e o meu traballo para lograr unha cidade máis solidaria e sostible.

Defendo unha cidade na que nos sintamos orgullosas de vivir, onde se cree máis emprego de calidade mediante un cambio do modelo produtivo coa economía verde como medio.

O fin é facer da Coruña unha cidade para un bo vivir.


ricardo saavedra

José Ricardo Saavedra Castro

Coruñés de nacemento vai case 53 anos. Pensionista por discapacidade sensorial. Tuiteiro e blogueiro. Independente pero non neutral.

Estudei Relacións Laborais e Antropoloxía Social. Divorciado, teño dúas fillas xa maiorciñas, por elas son feminista.

Nadei na Marea dende o principio e creo que o mellor xeito de implicarse nun proxecto é dar a cara, por iso decidinme a participar nas primarias cunha voz verde.

Son consciente de que atopámonos nunha encrucillada para mudar o concello coa nosa acción política, e tanto o método como o discurso da Marea Atlántica coincide plenamente co que eu creo e desexo levar á práctica.


Olga Burque

Olga Burque Hodgson

Nací hace 31 años. Padre gallego, madre canaria. Psicóloga orientada hacia áreas social y ambiental participando en movimiento asociativo.

Trato de sacar adelante un proyecto de discapacidad con el que me encuentro muy vinculada a nivel personal en un sector asfixiado por recortes que sobrevive gracias a entidades y personas que están substituyendo una función que debería ser parte de las instituciones.

Convencida de que es momento de cambio. Hace ya mucho que se convirtió en urgente la necesidad de otra forma de vivir y de hacer ciudad donde le demos valor a personas y naturaleza.


jmaria_jimenez

José María Jiménez Bernal

Arquitecto Técnico, socio de Greenpeace. He participado en la Plataforma pola Mobilidade da Coruña. Me desplazo en bici siempre que puedo.

He vivido en Burgos, Valencia y Vitoria-Gasteiz, donde nací y he crecido. Ahora mi hogar está rodeado de mar, en Monte Alto. En Coruña me encontré una ciudad convertida en el reino de los coches, del ruido, de la ausencia de parques, de aceras estrechas.

Deseo un transporte público mejor gestionado. Que nuestro ayuntamiento exigiera un tren de cercanías. Una ciudad con menos servicios públicos privatizados, un gasto de recursos más homogéneo. Una ciudad transitable a pie y en bici. Verde.


carolina martinez

Carolina Martínez García

Arquitecta Técnica especializada en bioconstrución. Socia fundadora e, agora, presidenta de Espiga – Asociación Galega para a Bioconstrución.

Filla de fillos de galegos nada no Uruguay. Emigrada a Galicia con 12 anos.

Cheguei á Coruña para non marchar a estudar a carreira de aparelladores. Fixen o meu proxecto fin de carreira sobre enerxía xeotérmica e dende aquela estiven formándome sobre os materiais naturais aplicados á construción.

Actualmente investigo na universidade sobre a utilización da cuncha de mexillón como material para construción e enxeñaría civil.