Xulio Ferreiro Baamonde
Profesor de Dereito Procesual na Universidade da Coruña, deportivista e coruñés do barrio dos Mallos dende 1974.
Nacín en 1974 no barrio dos Mallos, aínda que agora vivo na Gaiteira coa miña compañeira e os nosos dous cativos.
Son doutor en Dereito e dende hai oito anos profesor na facultade onde me formei, aquí na Coruña. Até que decidín dar este paso, animado polas compañeiras e os compañeiros da Marea Atlántica, era tamén maxistrado suplente na Audiencia Provincial de Lugo.
Non milito en ningún partido e son socio do Deportivo dende 1993.