Rocío Fraga Saénz
Socióloga experta en xénero, emprego e participación cidadá. Activista feminista e de diversos movementos sociais da cidade e do país.
Nacida na Coruña hai 39 anos. Socióloga.
Profesionalmente vinculada case sempre ao terceiro sector nas áreas de emprego, formación e igualdade de oportunidades. Precaria en xeral e desempregada o resto do tempo.
Ampla traxectoria como activista social, desde os movementos estudantil, ecoloxista e antimilitarista, derivou no feminismo como vía para abranguer todas as loitas por unha sociedade mais xusta.
Participou na Marea Atlántica desde o inicio como parte non adscrita a organizacións políticas.
Xiao Varela Gómez
Pai. Arquitecto. Socio da Cooperativa Habitat Social. Adicado á construción natural o urbanismo participativo e á intervención comunitaria.
Nacín na Coruña hai 36 anos.
Adícome á Arquitectura o Urbanismo e á Intervención comunitaria dende a Cooperativa Hábitat Social, da que son socio fundador.
Estou ocupado en loitar por un mundo mellor, colaborando e non competindo.
Formo parte da Marea Atlántica dende o seu nacemento, aportando e aprendendo a partes iguais, neste espazo ilusionante e profundamente transformador onde cabemos tódalas persoas que desexamos unha Coruña máis xusta.
M. Eugenia Vieito Blanco
Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña. Licenciada en Dereito. Mestrado en Xestión de Políticas Públicas pendente da tese. Membro da xunta de persoal de PAS da UDC. Pero sobre todo, mareanta.
Nacida na Coruña, PAS da Universidade da Coruña, Licenciada en Dereito.
Traballo como persoal de administración e servizos na Universidade da Coruña. Son Licenciada en Dereito e actualmente finalizando o Mestrado en Xestión de Políticas Públicas na fase da tese.
Actualmente formo parte da Xunta de Persoal de PAS da UDC, en representación dunha candidatura de persoal funcionario de carácter asembleario que nos xuntamos como canle de participación de xente que non se sentía representada polos sindicatos actuais.
Baixo esa mesma idea, embarqueime como mareanta en Marea Atlántica porque… sen mar non hai marea.
J. Manuel Sande García
Programador do CGAI-Filmoteca de Galicia. Escritor cinematográfico. Parte de Luzes e Galiza Ano Cero. Xestión e coñecemento sector público.
Nacido en A Coruña hai 42 anos. Traballa como persoal laboral na Xunta de Galicia.
Activo dende que ten uso de razón, posúe ampla experiencia en xestión, difusión e creación. Para iso escrebe, escoita ou fala polas ondas.
Mareante dende o primeiro día, carece de adscrición partidaria e, cre que a liberación ou autenticidade dunha sociedade so é posible mediante a participación e implicación real dos cidadáns. Pelexa dende hai anos contra os mecanismos que impiden unha vida digna para todas.
Claudia Delso Carreira
Mediadora cultural. Mestra de psicomotricidade e teatro. Autoxestión e prácticas colaborativas. Artes Escénicas. Políticas do corpo.
Son veciña de Peruleiro. Fai 10 anos que marchei da Coruña sen vontade de voltar.
Teño 28 anos e xa vivín fóra, xa falei outras linguas e xa traballei do meu e do de máis alá. Día a día fago o posible por quedarme, por traballar aquí, por facer que ocurran cousas nesta cidade, nesta periferia atlántica na que nacín. Adícome a moitas cousas relacionadas coas persoas, a cultura e o corpo.
Son mareanta porque non podo non selo, porque son unha inconformista e creo no pensamento crítico. Porque a Marea Atlántica forma parte dun proceso constituínte que está cambiando a orde das cousas.
Abrir a mirada, e vernos xuntas é algo emocionante #HaiMarea e #HaiVontade.
Santiago Lamelo Fagilde
Non podo permanecer tranquilo como se nada pasase, cando hai unha elite económica e antidemocrática que está a gobernar o mundo. Non quero.
Son Santiago Lamelo, candidato ás primarias da Marea Atlántica.
Activista social dende que tiña pelo, sei que non hai outro xeito de cambiar as cousas que non pase pola unidade social fronte ás inxustizas.
Por eso participo dende o comenzo na Marea Atlántica, porque creo que esa unidade tamén é necesaria para recuperar as institucións que nos roubou o poder económico, e este é o espazo preciso para logralo.
Non podemos deixar que o Concello de A Coruña actúe de costas á cidadanía.
Begoña Romero Quintela
Administrativa en paro despois de 37 anos na mesma empresa. Implicada no cambio por una sociedade mais xusta dende os 16 anos. Agora mareanta.
Nacida en Bilbao fai 59 anos e vive na Coruña no barrio da Agra do Orzán dende fai 48 anos, nai de 2 fillos.
Dende moza implicada en movementos e loitas por una sociedade mais xusta, traballando para conquerilo a distintos niveis e dende distintos campos, como moza na Mocedade galega Revolucionaria, como veciña do barrio colaborando na formación da 1ª AA. VV., como muller na Asociación Galega da Muller, como traballadora nas CC.OO, como nai na ANPA do Masculino e agora dende a Marea para tentar botar a cacicada do Concello.
Pablo Leira Canedo
Enxeñeiro informático. Activista ecoloxista centrado últimamente na mobilidade sostible. Integrado en movementos da economía social.
Coruñés nacido fai 31 anos do barrio de San Roque, onde reside na actualidade co seu fillo e a sua compañeira.
A súa carreira profesional está ligada ao desarrollo do software nunha empresa galega.
Socialmente activo e implicado na cidade e no país, participa en movementos ecoloxistas coa asociación ADEGA, en temas de mobilidade sostible e en proxectos de economía social como a banca ética Fiare ou a cooperativa Zocaminhoca.
Participa na Marea para construír unha cidade para todas as persoas.
María García Gómez
Técnica de medio ambiente, activista sen dogmas. Emigrante retornada, con ilusión por construir colectivamente unha cidade máis amable.
36 anos, retornada a Coruña despois dun longo periplo.
Interesada no medio ambiente como oportunidade de desenvolvemento, emprego e participación.
Como técnico municipal durante o Prestige descubre a forza da cidadanía organizada. Activa en proxectos de autoxestión colectiva nos eidos da vivenda, a cultura e a ecoloxía de Berlín.
Membro da Marea de Medio Ambiente, co desexo de facer da Coruña unha cidade con maior calidade de vida para a xente.
Marcos Sampedro Vidal
Mestre de primaria e Psicopedagogo. Activista centrado no consumo consciente e na mobilidade. Integrado en proxectos de economía social. Mareante que adora o mar.
Veciño de Monelos de 34 anos que dende hai 4 anos goza de ser pai dunha filla.
A súa carreira profesional transcorre ligada ao ensino público na cidade da Coruña.
Ten participado en todas as mobilizacións en defensa do ensino público e pola renovación pedagóxica. Asimesmo é membro da cooperativa de consumo Zocaminhoca e dunha cooperativa de produción e comercialización de enerxías renovables.
Participa na Marea Atlántica porque cree na honestidade e valía das persoas que a compoñen, pensan e soñan unha Coruña máis amable, xusta e habitable.