Saltar ao contido

O noso grupo tamén rexistrou preguntas orais sobre as medidas para previr contaxios de COVID entre o persoal municipal e sobre o baixisimo grao de execución do orzamento de 2020, que nalgunhas áreas non chega ao 50%

A Marea Atlántica preguntará no Pleno pola implicación do goberno municipal no deseño do proxecto para a ampliacíon do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, actualmente en licitación. Dado que o Concello vai achegar máis de 26 millóns de euros para as obras, e que o convenio asinado esta semana con Alberto Núñez Feijóo deixa o papel da institución local en pouco máis que pagar e calar, queremos saber cómo pensa Inés Rey facer valer a voz da Coruña. Por iso as nosas representantes non acudiron ao acto.

Tamén lle preguntaremos porque enganou á veciñanza de Eirís, prometéndolles o 19 de xaneiro que a expansión do hospital sería cara o aparcamento privado, e levando a Pleno una semana despois un convenio que dicía o contrario.

Pésima execución orzamentaria 

Doutra banda, pedirémoslle á alcaldesa unha valoración da baixísima execución do Orzamento de 2020, a peor nun lustro, xusto un ano en que cada euro público era necesario para combater a crise. Na área de Alcaldía e noutras tres concellerías nin sequera se acadou o 50%.

O noso grupo municipal tamén preguntará polas medidas que tomou o executivo desde a fin do confinamento para evitar os contaxios de COVID nos servizos municipais, ante os problemas denunciados por varios sindicatos para acceder ao teletraballo.

 

Como se vai implicar o goberno de Inés Rey no proxecto para ampliar o hospital?