Saltar ao contido

Na orde do día da Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo prevista para mañá, non está incluído o cese de Lanzada Calatayud como xerenta do organismo

Dende a Marea Atlántica solicitamos que se inclúa este punto  tal e como se establece nos estatutos vixentes

A Marea Atlántica denuncia a pretensión do goberno local de cercenar as competencias da Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo da Coruña sobre o recente e repentino cese de Lanzada Calatayud como xerente do Consorcio.

Como di Alberto Lema “Nun novo alarde moi pouco democrático e  contra dos propios estatutos, o cese da xerencia non aparece na orde do día da Xunta do Goberno Local do Consorcio de Turismo  prevista para mañá, cernando completamente as súas competencias neste punto. Por suposto, reclamamos que o inclúan sen dilación na orde do día”.

A Marea Atlántica manifestou o seu rexeitamento a este repentino cese nada máis comezar a tempada alta, deixando descabezado o Consorcio de Turismo no peor momento do ano, e improvisando a toda presa unha nova convocatoria para cubrir o posto.

Temos que lembrar que en 2016, o goberno da Marea Atlántica tivo a responsabilidade de renovar a xerencia do Consorcio de Turismo, e fíxoo cun concurso público no que se presentaron 35 candidaturas, valoradas por méritos e cun xurado tribunal no que non había presenza de cargos políticos e si do sector turístico. 

Denunciamos o recorte discrecional das competencias da Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo no que respecta ao recente cese da xerencia