Saltar ao contido

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

María García: “É intolerable que o Estado non constrúa a pasarela de Pedralonga, unha obra de 500.000 euros. A xente xoga a vida para ir ao centro de saúde ou ao súper”

Debe condonarse a débeda do Porto, tal e como se prometeu en Valencia, para liberar os peiraos interiores da ameaza da especulación e devolverllos á cidade

O goberno municipal non só renuncia a aprobar uns Orzamentos, tamén a defender os intereses da cidade ante as administracións que si están a elaborar as súas contas

A Xunta e o Estado avanzan nos seus proxectos de Orzamentos para 2021 mentres o goberno municipal da Coruña garda silencio sobre as moitas débedas pendentes coa cidade. Por iso, a voceira da Marea Atlántica, María García, esixiulle hoxe a Inés Rey “que convoque canto antes o Pleno Extraordinario para poder trasladar estas demandas coa forza dun acordo político, a ser posible por unanimidade”. Así se indicaba na moción da Marea Atlántica aprobada o 1 de outubro, e así se está a incumprir por parte do goberno de Inés Rey. 

“Xusto cando a retórica política e a propaganda poden materializarse en compromisos e, se todo vai ben, en feitos, é unha anomalía que o Concello estea calado”, argumenta María García. “Inés Rey non só renuncia a gobernar e aprobar uns orzamentos 2021 na Coruña, senón que nin se fai escoitar para que as administracións que si están a elaborar as súas contas atendan ás necesidades da Coruña. Non sabemos se por desinterese ou por submisión, ou por ambas cousas”. 

Mentres tanto, ocultan datos como a previsión de ingresos para o ano que vén, e o estado de execución do Orzamento actual, a pesar de que o solicitamos reiteradas veces. “Esta é a súa resposta ao apoio da Marea Atlántica aos orzamentos do ano pasado. Esa, a unilateralidade, e o incumprimento dos acordos, que ronda o 70% sen que medie explicación”, afirma a nosa voceira. 

O incumprimento da palabra dada, por desgraza, non se produce só coa Marea Atlántica. Tamén ocorre coas tan publicitadas axudas do plan de choque contra a pandemia. Non están a chegar a quen as solicita e xa se ven as consecuencias, o peche de negocios históricos como o Bâbâ Bar. Pedímoslle ao goberno municipal que convoque a prometida comisión de seguimento do PRESCO para analizar estes problemas. 

[/fusion_text][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”6279|full” max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”center” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2018/03/GañemosOPorto-e1596376400244.jpg[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Débedas do Estado: o bordo litoral e a pasarela de Pedralonga

A lista de demandas que A Coruña ten para o goberno estatal é longa e numerosa. Os cambios de goberno non se traduciron en maior compromiso coa cidade. Pero hoxe desde a Marea Atlántica quixemos poñer o foco en dúas cuestións. Primeiro na inxusta débeda a Autoridade Portuaria, máis de 300 millóns de euros, nacida da obra do Porto Exterior. Como sinalou María García: “Non ten sentido que a Autoridade Portuaria, un organismo que depende do Estado, teña que desangrarse para pagarlle ao propio Estado unhas obras de interese xeral. Non ten sentido que A Coruña teña que pagar coa venda dos seus terreos á  especulación nos peiraos interiores mentres en Valencia se promete perdoar todas as débedas da Fórmula 1 e a Copa América. É inxusto e intolerable”. 

En segundo lugar, “a pasarela de Pedralonga ten que facerse xa realidade. Leva dez anos sendo unha promesa que aparece e desaparece, e volve aparecer un atraso nas datas.  Por unha obra de medio millón de euros, calderilla nos orzamentos do Estado, temos á veciñanza xogando a vida todos os días para cruzar”. Así falou María García, quen tamén denunciou “o que ten que facer a xente de Palavea e Pedralonga para ir ao supermercado, á farmacia ou ao centro de saúde, arriscando a vida para facer o máis elemental”.

Por suposto, non son as únicas, aí seguen a humanización da Vedra cun proxecto gardado no caixón, os trens de proximidade atascados no século XIX, o saneamento da ría do Burgo que non dá pasado dos titulares, a conexión ferroviaria ao Porto Exterior, ou o respaldo á fábrica de aluminios, que precisa unha intervención para non caer fronte á cobiza e levar por diante 400 postos de traballo. A Intermodal segue pendente, de igual modo, só se fala dun convenio urbanístico que ninguén viu.

[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” box_shadow=”no” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”8546|600″ max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”center” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/04/20190404_palavea_G88B0794-600×400.jpg[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” box_shadow=”no” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

A Xunta: unha pasarela cara a nada

María García referiuse tamén ao goberno de Feijóo para sinalar que “a falta de compromiso da Xunta é mais ou menos a mesma, pero con diferente estratexia: recicla promesas de ano en ano, e logo non cumpre. No último lustro, o seu único investimento relevante na cidade foi a pasarela de Marineda, inaugurada con enorme atraso e necesitada de parches seis meses despois de abrirse”.

Lembrou, tamén, que mentres se inaugura o patio cuberto do San Francisco Javier por iniciativa do goberno de Xulio Ferreiro, outros 7 colexios agardan desde 2006 polo patio cuberto nun momento crítico no que o espazo ao aire libre é vital. 

Tamén seguen pendentes da Xunta a residencia de maiores de Eirís, despois de rexeitar os terreos cedidos polo Concello; o compromiso coa Orquestra Sinfónica, á que lle deben máis de cinco millóns de euros; ou a rehabilitación da Cidade Vella e a Pescaría, outro gran clásico das promesas sen cumprir. Por non falar de servizos básicos como a Sanidade, a Educación, ou os servizos sociais, permanentemente afectados de recortes e falta de material e persoal. O único que sabemos é que o novo CHUAC terá, vaia sorpresa, un convenio urbanístico no que o Concello paga o “módico prezo” de 22 millóns de euros. 

[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” box_shadow=”no” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”9526|600″ max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”center” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/10/maria-garcia-20201010-600×400.jpg[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” box_shadow=”no” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Os convenios urbanísticos ocultos

A modo de conclusión, María Garcia indicou que “amosar respecto pola Coruña é investir, dende logo, pero investir con diálogo, participación cidadá e transparencia. Hoxe por hoxe, ningunha destas condicións se está a dar. Nin por parte da Xunta, nin por parte do Estado, nin por parte de Inés Rey”. A portavoz da Marea denunciou que “escoitamos falar moito de convenios urbanísticos que terán un enorme peso na transformación da Coruña,  para a Intermodal, para o hospital, para o porto… pero que son descoñecidos para a cidadanía”. En resumo, cero diálogo coa oposición e cero participación cidadá nos grandes debates da cidade, como o da edificación no bordo litoral que se pretende acometer.

Convoque, señora Rey, o Pleno Extraordinario prometido, para que poidamos consensuar estas demandas con máis forza. Saia do seu illamento e defenda os intereses da Coruña”, rematou García. 

[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

Esixímoslle a Inés Rey que convoque canto antes o Pleno Extraordinario para trasladar as demandas da Coruña á Xunta e ao Estado