Saltar ao contido

A candidatura presentada, que conta coa presenza de Xulio Ferreiro como responsable de Relacións Políticas, contou co apoio da Rede este 30 de xaneiro

María García e Alberto Lema entran na Coordinadora con postos natos

A Rede, asemblea e órgano de toma de decisións da Marea Atlántica, avalou este xoves 30 de xaneiro a candidatura para a renovación da coordinadora, rexistrada o pasado 17 de xaneiro.

Esta candidatura, que foi previamente presentada ante a mareancia e avalada polo órgano de arbitraxe, conta cos nomes de Xulio Ferreiro, Claudia Delso, Iago Martínez, Beatriz González de Canales, Luis Hernández, Stephanie Ordóñez, Sabela Rivas, Lola Ponte, Antía Paz, Daniel R. Cao, Gema Rivera, Diego Jiménez e Inés Cebreiro, estes últimos escollidos para a voceiría da mesma. A esta coordinadora incorpóranse como membros natos María García e Alberto Lema, como voceiras do Grupo Municipal e na Deputación da Coruña respectivamente.

As áreas de responsabilidade das que se responsabilizarán as persoas que pasan a formar parte da nova Coordinadora da Marea Atlántica son:

  • Xulio Ferreiro: Confluencia e Cohesión do espazo
  • Lola Ponte: Xustiza Social e Benvidas
  • Daniel R.Cao e Beatriz González de Canales: Comunicación Interna
  • Antía Paz: Comunicación externa e Argumentario
  • Sabela Rivas e Inés Cebreiro: Feminismos
  • María García e Stephanie Ordóñez: Ecoloxismo
  • Alberto Lema e Diego Jiménez: Movementos Sociais e Sociedade Civil
  • Gema Rivera: Territorio
  • Luis Hernádez: Mediación e Transparencia
  • Claudia Delso: Dinamización e Formación
  • Iago Martínez: Relación coas Institucións

Este reparto de responsabilidades correspóndese coas áreas de traballo desenvolvidas pola Coordinadora saínte.

Tras a ratificación por parte da Rede, a nova Coordinadora comeza o seu mandato, que terá unha duración total de dous anos.

Esta é a nova Coordinadora da Marea Atlántica