Saltar ao contido

Este órgano, proposto na última comisión de seguimento dos acordos de xullo, é fundamental para atopar unha solución para as persoas afectadas polo Parque Ofimático

A Marea Atlántica insta ao goberno municipal a fixar unha data, coa maior brevidade posible, para convocar a Mesa de Traballo coa veciñanza de San Vicente de Elviña afectada polo Parque Ofimático. A creación deste órgano acordouse, por iniciativa da Marea, na última comisión de seguimento dos acordos co PSOE para o inicio do mandato, e resulta fundamental para atopar unha solución urbanística para as persoas afectadas. No vindeiro Pleno, formularemos unha pregunta oral sobre esta cuestión.

Estas veciñas e veciños, persoas comúns, atópanse afogadas polas cotas de edificabilidade do Ofimático, conxeladas durante o pasado mandato, e que ascenden a máis do que poden asumir co seu patrimonio. Son vítimas do urbanismo inhumano que se aplicou nas últimas décadas, e ofrecerlles unha saída forma parte dos acordos que asinamos co Partido Socialista no mes de xullo. Ante a complexidade do tema, impulsamos unha Mesa de Traballo na que as afectadas poidan participar con voz propia.

Durante o goberno anterior, a Marea Atlántica desenvolveu unha vía para darlle solución urbanística  a este problema, permitindo que as cotas se compensen con metros de edificabilidade en lugar de con cartos. Instamos ao equipo de Inés Rey a continuar por esta vía e liberar ás afectada da carga de ser promotoras forzosas.

Instamos a convocar canto antes a Mesa de Traballo coa veciñanza de San Vicente de Elviña