Saltar ao contido

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Trátase dunha convocatoria aberta a entidades sen ánimo de lucro e financiada cos salarios dos nosos cargos públicos, dotada con 10.000 euros. O prazo para presentar propostas está aberto até o 13 de setembro 

Neste momento de crise sanitaria, económica e social, poñemos os nosos recursos ao servizo de proxectos innovadores, que doutro xeito non poderían levarse a cabo

Diego Jiménez, voceiro da Coordinadora da Marea Atlántica, e Claudia Delso, concelleira na Coruña, presentaron hoxe a Xanela de Proxectos, unha convocatoria destinada a financiar iniciativas sociais de entidades sen ánimo de lucro. Financiarase integramente cos excedentes salariais do Grupo Municipal e o Grupo Provincial da Marea Atlántica, poñendo ao servizo da cidadanía organizada uns recursos moi necesarios nestes momentos de crise. 

“Cumprindo co mandato do noso Código Ético, abrimos esta Xanela de Proxectos e poñemos a nosa organización ao servizo da cidade. Xa cando o PSOE decidiu subirlle o soldo a toda a Corporación Municipal, anunciamos que os soldos das nosas representantes públicas terían un teito de 35.000 euros, e que o resto doaríase. E a Marea cumpre”, sinalou Diego Jiménez. 

Pola súa banda, Claudia Delso lembrou que “nun momento no que se está a despregar unha enorme crise derivada da pandemia de COVID19, todos os recursos son necesarios. Por iso poñemos os da Marea Atlántica ao servizo da cidade, ao servizo de iniciativas que doutro xeito non poderían desenvolverse, e que agardamos que sirvan para beneficiar á maioría social da Coruña. Queremos dar exemplo do compromiso que sempre lle esiximos ás institucións”.

A convocatoria, que se repetirá anualmente, está dotada cun total de 10.000 euros, e cada proxecto pode optar a un máximo de 2.000€. Poden participar as asociacións, fundacións ou cooperativas sen ánimo de lucro que teña o seu ámbito de actuación na cidade da Coruña.

O prazo de presentación de proxectos está aberto do 30 de xullo ao 13 de setembro. Un comité avaliador formado por tres persoas, representantes da nosa Coordinadora,  Grupo Municipal e Grupo de Dinamización, valorará as propostas e emitirá un ditame provisional o 18 de setembro. Deixarase un prazo de catro días para subsanar erros e o 22 de setembro coñeceranse os resultados definitivos. 

Obxectivos da convocatoria

Os obxectivos desta primeira edición son tres, como explicou Diego Jiménez: “contribuír a facer da Coruña unha cidade máis solidaria, coidadora e aberta, impulsar as ideas innovadoras no eido social e fortalecer o tecido asociativo da cidade”. 

En concreto, nesta primeira convocatoria premiaranse os proxectos centrados en vivenda, a mobilidade sostible, a saúde, os coidados, os dereitos civís,  o consumo responsable, a cultura e o ecoloxismo. “Valoraranse, tamén, os enfoques feministas, de integración social e de dinamización comunitaria, como eixos transversais”, engadiu Delso.

Non será esta a única iniciativa social financiada cos excedentes salariais dos cargos institucionais da Marea Atlántica. Proximamente tamén botará a andar a Oficina dos Dereitos, un servizo de asesoría destinado a persoas en situación vulnerable, para orientalas e apoialas na relación coa administración, na solicitude de prestacións como a Renda Social Municipal ou na defensa dos seus dereitos. Pretende ser unha resposta á necesidade de apoio fronte á exclusión social, dobremente necesario na situación de crise actual. 

[/fusion_text][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”9061|400″ max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”none” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/07/xanela-1-400×400.png[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ layout=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]

Detalle dos prazos

29 de xullo 2020 Constitución do tribunal e comité avaliador
29 de xullo 2020 Publicación da convocatoria
Do 30  de xullo ó 13 de setembro  2020 Presentación online dos proxectos
18 de setembro 2020 Publicación dos resultados provisionais
Do 18 o 21  de setembro 2020 Período de emendas
22 de setembro 2020 Publicación dos resultados definitivos

[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

Aberta a Xanela de Proxectos: 10.000 euros para financiar iniciativas sociais