Saltar ao contido
Pazo de María Pita

O convenio entre o Consorcio de Turismo e a asociación Hospeco foi asinado hoxe, esixe investir 50.000 euros antes de final de ano ou perder a subvención

Alberto Lema: “Este goberno municipal vive instalado na improvisación permanente e xestiona tarde e mal os asuntos”


O concelleiro da Marea Atlántica Alberto Lema, e representante no Consorcio de Turismo, criticou hoxe a demora coa que se tramitou o convenio entre este organismo municipal e a Asociación de Empresas de Hospedaxe da Coruña (Hospeco), deixando só dez días para xustificar o investimento de 50.000 euros. 

O convenio, aprobado hoxe na Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo, ten por obxecto financiar campañas de comunicación e promoción turística. Está dotado con 150.000 euros, dos que 50.000 corresponden ao ano 2020 e o resto ao 2021. Os gastos imputables ao ano que remata deben xustificarse antes do 31 de decembro. 

En palabras de Lema, “este goberno municipal demostra unha vez máis que vive instalado na improvisación permanente e xestiona tarde e mal o asuntos. É inexplicable que a dezdías de rematar o ano, en plena pandemia, aprobemos unha medida coma esta que para se eficaz debería ter entrado en vigor hai meses”. De todos modos, o concelleiro deu o seu voto favorable ao convenio, pola necesidade de apoiar ao sector nestes momentos de crise.

A Marea Atlántica critica que o sector turístico só terá dez días para xustificar os gastos do seu convenio co Concello