Saltar ao contido

Inés Rey ten sobre a mesa un proxecto do goberno anterior para renovar o rocódromo de Riazor despois de 35 anos. Debería aproveitalo.

O grupo municipal da Marea Atlántica participou hoxe na despedida da expedición humanitaria ao Ama Dablam, en Nepal, na que participa a asociación coruñesa AMI 

As concelleiras Claudia Delso e Xiao Varela, da Marea Atlántica, participaron hoxe na despedida á expedición solidaria de montañismo Ama Dablam 2020, que parte desde a cidade e da Coruña con axuda humanitaria para as zonas rurais de Katmandú, en Nepal. Levarán cociñas solares, roupa de abrigo e material escolar a estas rexións de moi difícil acceso. A iniciativa conta co apoio da coruñesa Asociación de Montañeiros Independentes (AMI), á que pertencen os tres alpinistas que participarán nesta viaxe, Félix Criado, Íñigo Gutiérrez e tamén o vasco Alex Txikón, como socio de honra.

Claudia Delso aproveitou a ocasión para reivindicar “un maior apoio institucional ao deporte da escalada, que grazas ao traballo de entidades como AMI e a súa escola de formación, multiplicou por dez o número de persoas federadas desde o ano 2013, superando xa o centenar”.

Como parte dese apoio, o goberno da Marea Altántica deixou listo un proxecto para renovar o rocódromo de Riazor, moi necesario despois de 35 anos de uso. Estas instalacións foron pioneiras en Galicia, por ser o primeiro espazo público e baixo teito para practicar a escalada, polo que o Concello da Coruña faría ben en manter os plans para que sigan a ser unha referencia.

Máis apoio para o deporte da escalada na Coruña