A Rede aprobou, por ampla maioría, pedir o voto para a candidatura baseada na coalición entre Podemos, Anova e Esquerda Unida
A asemblea consensuou tamén adiar a súa decisión sobre nivel de participación neste proceso ata ter un maior coñecemento da súa estrutura
A Marea Atlántica celebrou na noite deste martes unha asemblea extraordinaria na que resolveu pedir publicamente o voto para a candidatura En Marea. A decisión tomouse tras un debate plural no que, entre outras cuestións, estivo presente a necesidade de facer o posible para que En Marea se materialice como un proceso participado e aberto.
Nese sentido, as persoas asistentes encomendaron ao Grupo de Apertura trasladar á Rede toda a información sobre os avances no proceso co obxectivo de decidir nunha futura asemblea a súa posible integración e o grao de participación no proceso.
Asimesmo, a Rede desbotou, tamén cunha ampla marxe, a posibilidade de propoñer nomes para integrarse nas listas da candidatura na circunscripción da Coruña.