A Marea Atlántica celebrou esta mañá unha asemblea no centro cívico de Monte Alto, coa asistencia de máis de 60 persoas e para facer un balance amplo dos malos resultados do 28M, que nos deixaron sen representación en María Pita, e para decidir sobre o futuro da organización. Tras o debate, a asemblea acordou o seguinte comunicado:
A Marea Atlántica organizou este venres, 13 de novembro, a palestra aberta TTIP, un tratado para dar máis poder ás transnacionais, na que participaron, Gonzalo Rodríguez, membro de ATTAC Galicia, e Antón Sánchez, deputado de Anova no Parlamento Galego. Coas súas intervencións botaron luz sobre este tratado que a UE e os Estados Unidos están a negociar con opacidade case total, e que pon os intereses das grandes empresas por enriba dos dereitos dos cidadáns e a autonomía dos estados. Aquí podedes ver o vídeo do acto ao completo.
Gonzalo Rodríguez explicou que o TTIP creará tribunais propios, de dubidosa independencia, aos que as multinacionais poderán recorrer se consideran que teñen ‘lucro cesante’. É dicir, se gañan menos cartos do previsto, aínda que non teñan perdas, poderán apelar a estas salas e pasar por enriba das normativas laborais, alimentarias ou medioambientais.
Tamén lembrou que a aprobación deste tratado poría en perigo ao sector agrario europeo, pois “abriría ás fronteiras ao excedente agrícola dos Estados Unidos, onde os impostos son moito máis baixos. Arrasará cos produtores locais”. En resumo, “o que está en xogo é a nosa soberanía”.
Foto: Antía García Sendón
Antón Sánchez, de Anova, lembrou que dende o Tratado de Maastrich, os estados europeos foron cedendo a súa autonomía, nun proceso que se acelerou desde 2012, co austericidio, “e no que o TTIP é un paso de xigante”. Lembrou que o PP, nos último catro anos, “está a laminar a nosa soberanía dende o interior”, como se pode ver con normas como a pouco coñecida Lei de Unidade do Mercado ou a Lei de Racionalización da Administración Local, que supedita toda acción dos concellos ao principio de estabilidade orzamentaria.
“Queren que asumamos que aos países só lles irá ben se seguen a filosofía das empresas”, afirmou o deputado de Anova. Tamén sinalou, que de aprobarse este tratado de “libre comercio”, as empresas mineiras poderían ignorar a moratoria do fracking aprobada polo Parlamento de Galicia ou vender produtos sen ter en conta a nosa normativa sanitaria e medioambiental.
Na palestra lembrouse que o TTIP aínda está en fase de negociacións, e hai moitos puntos no seu articulado que son descoñecidos. Pero aínda estamos a tempo de poñerlle freo. A súa aprobación definitiva será responsabilidade do Parlamento Europeo, polo que deberiamos reclamarlles aos nosos representantes en Bruxelas que exerzan o seu deber de defender aos cidadáns que os elixiron.
O PP deixou clara en varias ocasións que apoia este tratado, pero o PSOE mantén unha postura ambigua. Mentres aprobaron mocións contra o TTIP en concellos como Sevilla, rexeitaron na Coruña rexeitaron a proposta da Marea Atlántica no mesmo sentido. Escribirlle aos eurodeputados deste partido para pedirlles responsabilidade é coherencia pode ser un camiño para lograr o non ao TTIP. É posible facelo a través da web do Parlamento Europeo.
Palestra. TTIP, un tratado para dar máis poder ás transnacionais
Xestionar consentimiento
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información [Máis información] ou ben coñecer como cambiar a configuración pulsando en configuración de cookies.
Funcional
Always active
O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.