Mareas

cabeceira_FB_deporterua

A Marea Atlántica e o Deporte

O deporte ocupa un lugar importante no proxecto de cidade da Marea Atlántica. O deporte en maiúsculas, en sentido amplo, o que os nosos veciños e veciñas practican nos parques, nos clubes, nos barrios, desde a base, e non simplesmente o que aparece seguido nos grandes medios de comunicación. Correspóndelle ser un píar no modelo de cidade aberta, participativa e participada que defendemos.

Dende xuño está activa a Marea do Deporte, á que se teñen incorporado múltiples representantes e deportistas dende moi distintos ámbitos do deporte local. No marco deste espazo de traballo estanse a cociñar varias iniciativas, entre as que destaca o proceso participativo de procura de espazos para o deporte na rúa. Espazos nos que se poderán instalar equipamentos sinxelos coa fin de fomentar a práctica do deporte como opción saudable e de lecer, á vez que se reconquista e reutiliza o espazo público.

O traballo desenvolvido desde o Concello profundiza nesta liña, tomando contacto cos distintos clubes da cidade, ou reuníndose co Presidente da Federación Galega de Futbol (FGF) para a amosar o interese do Goberno Municipal por desbloquear a execución do proxecto dos novos campos de fútbol para a cidade e á propia sede da FGF.

Sen deixar de pór en revisión certas probas privadas e de interese dubidoso, seguindo o principio da Marea dunha separación clara entre o privado e o público, optouse tamén por manter e mesmo revalorizar todas as probas xa existentes nas diversas disciplinas deportivas. O Teresa Herrera de fútbol feminino é un bo exemplo disto. E tamén o apoio ás carreiras municipais, onde se impulsa o circuíto Coruña Corre como punto forte, para apoiar o deporte popular, mentres se busca un perfil máis profesional nas probas máis esixintes: Coruña10, Coruña21 e Coruña42.

A aposta polo deporte feminino

A Marea do Deporte pon especial atención e sensibilidade no mundo do deporte feminino, tantas veces marxinado das políticas públicas e sempre invisibilizado socialmente. É fundamental incorporar as mulleres aos circuitos deportivos da cidade e garantir para elas o goce dos recursos publicos, como un xeito de empoderamento e de exercicio real e práctico da igualdade. E como unha riqueza para a cidade toda.

Desde o noso punto de vista, a sexualización do deporte feminino, a súa limitación a unha serie de valores que en nada teñen relación co deporte (mais co consumo, a moda ou a estética), non axudan en nada a rachar coa discriminación que segue presente no mundo do deporte.

Deporte para todas

A Marea do Deporte está aberta a toda aquela persoa relacionada co ámbito deportivo que desexe incorporarse con especial atención e sensibilidade para o mundo do deporte feminino, así como coas persoas con diversidade funcional, no camiño para garantir o seu total acceso a práctica deportiva.

9 comments

  1. Me parece importante la revisión de las concesiones deportivas, me refiero a centros municipales llevados por empresas externas, tipo Supera.
    Sé de buena mano el trato a sus trabajadores, con jornadas de risa y que para nada dan estabilidad a los profesionales que en ese ámbito son los responsables de las actividades deportivas, y por ente, a la salud en general.
    Me gustaría como ciudadana de Coruña y usaría de esas instalaciones, la revisión de este tipo de centros.

    Responder
    • A este respeito, comentar no caso concreto de Supera (xestionaria entre outras das instalacións do Complexo Municipal Deportivo San Diego) que mantén traballo precario con:
      -contratados en prácticas no verán (supoño que sen remunerar e para cubrir vacacións do persoal indefinido) de alumnos províntes do ciclo de grao superior “Técnico en actividades físico e deportivas” que se imparte no colexio Liceo La Paz
      -Contratos marioritariamente a tempo parcial sen posibilidade de acadar contratos a tempo completo cando hai ceses na empresa por despidos, excedencias,…….(incumplíno o convenio no seu punto 20 http://www.cigservizos.org/sites/default/files/acordo_convenio/2013/11/convenio_2013_2015_14178.pdf, que mantén a obriga da empresa de ofrecer esa alternativa sempre neses casos) .
      Ademais no caso concreto das tarifas (que tocará revisar agora ao final de ano as que se aplicarán no 2016), hai cousas incomprensibeis nas deste ano (http://www.centrosupera.com/fileadmin/user_upload/TARIFAS/01.pdf) : hai tarifas especiais (mais baratas en cuotas e matrículas ) para utilizalas instalaciós en horario de mañá pero non existen esas mesmas ventaxas para parados (como sí a hai por exemplo para xubilados); e tarifas desproporcionadas ( unha familia de ata 3 membros apenas paga 0,50 € mais cun abonado individual).
      En canto aos horarios, manter no verán os mesmos horarios que no inverno (como semella que fán nas instalacións da Xunta (Agra, Elviña e Sardiñeira, xestionados por AQA Complexos deportivoshttp://aqadeporteysalud.net/centros-deportivos/aqa-complexos-deportivos-coruna.html ), xa que no verán pechan domingos, festivos e sábados á tarde. Podendo ademais , como nos ximansios da xunta ata as 3 os domingos e non expulsando aos usuarios da zona de piscina e spa (dependendo do socorrista que estea) entre 20 e 30 minutos antes do peche da instalación.

      Responder
  2. Si porfavor! Mas deporte en la cuidad y espacios habilitados para ello. Si son cubiertos mejor que mejor. Ya que la mitad del tiempo llueve.

    Responder
  3. Sobre a polémica referida ao sexismo da Carreira da Muller, como xa comentei na páxina do Concello da Coruña no Facebook, apoio total:
    “Sobre a Carreira da Muller, total e absoluto apoio á Concellería de Igualdade e ao seu nulo apoio a un evento sexista ; e ,ademais , unha carreira popular pseudosolidaria e onde a solidariedade case é o de menos.Os datos son claros : no 2014 apenas un 7,8% (0,624€ dos 8€ di nscripción) foron realmente doados á causa solidaria e no 2015 , duplicando teoricamente (segudo a organización) as doazóns á AECC, realmente foi un exiguo 12,5% ( 1,25 dos 10€) ; onde foron o resto dos ingresos e as aportacións dos patrocinadores, ao beneficio das empresas organizadoras?
    Todos estes datos veñen neste link , que, ademais ten un derradeiro paragrafo clarificador: se os concellos se decidisen verdadeiramente a implicarse na organización desta proba os ingresos serían mais cuantiosos e realmente en beneficio da loita contra o cancro de mama.”
    http://valenciarunner.com/speaker-valencia-los-numeros-de-la-carrera-de-la-mujer/
    Resunindo, para vindeiras edicións ou ben actuar como agora (dar licenza a unha actiidade privada cado a solicite en regla e só apoio en temas de ráfico e seguirdade) ou asumir directamente a xestión da mesma dende a concellería de deportes ca doazón íntegra dos beneficios conqueridos á causa benéfica (neste caso a AECC), eliminando ademais elementos sexistas..

    Responder
    • Comentario colgado na páxina do Facebook do Concello, por se a isea vos resulta de utilidade: “Para o Concello da Coruña (por se se deciden a facerme caso e implicarse na organización de vindeiras edicións desta proba): Trocar o nome “Carreira da muller” por “Carreira do cancro de mama”, por exemplo, e permitir a participación masculina (para visibilizar o noso apoio ás mulleres na loita contra esa lacra e apoiala económicamente coas nosas inscripcións) ; se se argumenta que a “Carreira de Muller” serve para potenciar o atletismo feminino e a participación da muller nas distintas carreiras populares, poderíase acadar eses obxetivos facendo que a muller teña unha inscripción mais barata e mellores trofeos ; ou subsidiando , dende o Concello da Coruña , as licenzas federativas das mulleres dos clubes de atletismo da Coruña. Moitas grazas. “

      Responder
  4. Transmítovos a mensaxe qeu deixei na páxina do Concello no Facebook referida á problemática do incremento de prezos nas carreiras populares:
    “Sr. Ilmo. Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento José Manuel Sande : a única carreira atlética apta para profesionais que se celebra na Coruña é o Gran Premio Cantones de A Coruña de marcha atlética, que na súa XXIX edición víu como a china Liu Hong batiu a plusmarca mundial na proba dos 20 quilometros; e espero e desexo que non se vexa afectada para vindeiras edicións por futuros recortes de gasto. O resto de carreiras teñen un carácter eminentemente popular
    http://www.marca.com/2015/06/06/atletismo/1433616255.html
    Sr. Ilmo Sande: segue xustificando de momento a suba nos prezos das populares nos custos que supoñen para o Concello, agardo que nese pleno do lúns dea uha relación pormenorizada dos mesmos e dea unha xustificación de porqué, se a cuestión é reducilos gastos, se manteñen, por exemplo :
    – premios en metálico valorados en 6000€.
    -regalos (camisetas técnicas , medallas de finisher)
    -celebración de gala final do circuito Coruñacorre, cando a entrega dos premios e trofeos do circuito se podería realizar nun acto ao finalizala derraeira carreira do mesmo ( Oza).
    -contratación de profesionais do atletismo (Vanesa Veiga, Yolanda Gutierrez, Pedro Nimo,…….) , dos que non teño nada en contra , pero que veñen á cidade a realizar unha serie de actividades paralelas á feira do corredor (entrenamentos grupais, charlas sobre estiramentos,…….) cobrando uns diñeiros; diñeiro que se podería aforrar contando cos técnicos dos clubes da cidade cos que se mantén convenios (Riazor, Coruña Comarca) .
    -publicidade estática e anuncios inseridos en xornais promocionando as distintas carreiras.
    Asimesmo podería explicar:
    -se os trocos no percorrido da Coruña (que implican unha nova homologación do mesmo, co gasto que iso conleva ) eran precisos e ineludibles por temas de tráfego e ou seguridade.
    -se se analizou realizar a inscripción e a cronometraxe con ofertas mais baratas que Championchipnorte (a propia coorganizadora da carreira , a FGA, ten web para inscripción en carreiras e cronometaxe manual cos xuíces).
    -e finalmente, pero non menos importante, se considera que a eliminación da carreira dos menores nesta Coruña10 fomenta a práctica de hábitos saudabeis en idades tempranas ou se considera que iso non entra dentro das competencias da concellería de deportes. Moitas grazas polas posibeis respostas.”
    Resuumindo: hai que diferenciar carreiras profesionais (Gran Premio de Marcha dos Cantóns) de carreiras populares onde se procura fomentala actividade física e os hábitos saudabeis; e estando de acordo con que o Concello tén que priorizalo gasto (en tempos de crise económica e falla de ingresos públicos haberá que priorizar en temas sociais) o fomento de hábitos saudabeis é , insisto, tamén importante e haberá que reducir gastos e non repercutir no contrubuínt atleta ( como veredes, no comentario no Facebook, falo de eliminar premios en metálico, regalos (camisetas técnicas e medallas de finisher), estudar alternativas que poidan ser mais económicas en temas de xestión de inscripción e cronometaxe (como os que poida ofrecer a propia FGA), redimensionamento no tema de publicidade estática e en medios de comunicación (reforzando mais a comunicación a través da web municipal e RRSS), eliminación da gala final do circuito Coruñacorre aproveitando a celebración da derradeira carreira (Oza) para facela ceremonia de entrega de trofeos,………… En fin, infinidade de temas nos que se podía incidir para reducir gasto e non duplicalo prezo das inscripcións.
    P.D. 1: Cando se fala de gasto e que para as arcas municipais supón un custo de 30000€ a organización das 3 carreiras (Coruña10, Media e Maratón) , estaría ben, nun exercicio de transparencia , facer un desglose das cifras.
    P.D. final: aproveitando o troco de percorrido da Coruña10 (que finaliza ao carón do Estadio de Riazor), non daría mais realce á carreira finalizala dentro do estadio , poñendo o arco de chegada no tepe de cespede que acabades de colocar sobre as vellas pistas de atletismo, sen chegar a pisar en ningín momento a cancha? Podedélo estudar para vindeiras edicións , se se mantén o percorrido e non coincide con partido do Depor, obviamente.

    Responder
    • http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2015/09/13/atletismo-gallego-teme-dane-imagen-ciudad-suben-carreras/0003_201509H13C4994.htm
      Falan nesta nova da Voz que 3€ das inscripcións da Coruña10 e 5€ da Maratón van para a Federación.
      Cavilando , non será que os 3€ da Coruña10 e Media e os 5€ da Maratón, serán para o tema da licencia de día imposta pola RFEA (coincide as contías económicas e a entidade que as cobra, branco e en botella)?
      Neste enlacewww.superdeporte.es/bl…ormir.html , de hai xa 3 anos se nos explica ben o tema. Resumíndo:
      1º A RFEA argumenta que con estos ingresos garanten os seguros de responsabilidade civil e accidentes que toda proba debe obrigatoriamente ter e que cada organización contrata previa celebración ao evento.
      2º Hai organizacións (Mitja Santa Pola, Maratón Sevilla, Behobia) que se negan a pagar este taxazo (consideran que hai mero afán recadatorio cando xa contan cos preceptivos seguros ) e saense do calendario nacional de carreiras.
      3º Os atletas neganse a participar en probas fora do calendario nacional por medo a perder becas e porque as marcas que acaden non serán consideradas válidas nin oficiais.
      Este último punto penso que é importante para o Concello da Coruña cando fala de profesionalizar estas probas : o medo que tén a que se saca as mesmas do calendario nacional (co conseguínte aforro no custo de 3-5 € por atleta) quede sen a participación de “atletas de élite”.
      Este blog fala tamén que Barcelona xa estableceu dende o 2010 unha maratón para a élite e outra para os atletas populares con saídas diferenciadas.
      Consecuentemente, penso que se debería sacar do calendario nacional da RFEA as carreiras Coruña10, Media e Maratón se o que se pretende é aforrar gasto público e mantelo espirito popular das mesmas ou, se se pretende certa profesionalización das carreiras, tentar algo semellante á experiencia barcelonesa na Media e na Maratón.

      Responder
      • O enlace ao blog onde se explica polo miudo este tema é este , que no meu anterior comentario non se podía acceder a el http://www.superdeporte.es/blogs/zancadas/licencia-para-no-dormir.html .
        E insistir no tema, coa aportación dos 3-5 á RFEA se están duplicando as partidas (xunto co pago dos seguros de respnsailidade civil e accidentes) porque ambas partidas cubren o mesmo; co que,obviamente , é de analizar se unicamente co pago as aseguradoras ( que penso que serán mais baratos) reduciremos gasto (aínda que iso implique quitar as carreiras do calendario nacional da RFEA).

        Responder
  5. Sobre el tema de las carreras en coruña, hemos leído y escuchado un montón de veces estas semanas que la C10, la C21 y la C42 son carreras más exigentes y se les quiere da un enfoque más profesional. ¿Cuándo van a decirnos que significa realmente eso para ustedes? De momento lo único que vemos es que significa doblar el precio de la inscripción en la C10. ¿Qué mas cosas?¿En qué van a cambiar la carrera?¿Que nos va a proporcionar ese nuevo enfoque más profesional?¿Que cosas a mayores va a tener la carrera este año, que la diferencien de la del año pasado y justifiquen ese incremento de coste de la inscripción?
    Y respecto a eso que dicen que la C10,C21 y C42 son pruebas más exigentes que el circuito Coruña Corre, obviamente lo son, porque la distancia a recorrer es mayor. Pero ¿eso impide que haya miles de aficionados que se entrenan durante todo el año para estar preparados y correr esas distancias? No. ¿No considera el ayuntamiento que esos miles de aficionados también tienen que tener carreras de esas distancias para poder disfrutar de su deporte? Porque a tenor de sus palabras, el que corre más de 6 km ya está en carreras “más profesionales” … ¿no?. El “profesional” no es el que recorre más distancia, sino el que entrena mucho y es capaz de recorrerla a un ritmo inalcalzable para los aficionados que no pueden dedicar tantas horas al deporte (porque son “profesionales” de otras cosas).
    Me parecería perfecto que el ayuntamiento quisiera organizar una prueba profesional de gran nivel en nuestra ciudad, y así podríamos ir a ver correr a grandes figuras del atletismo. Pero ¿es esto incompatible con seguir apoyando carreras de 10,21,42km también para aficionados?.
    Hasta ahora no lo había sido y en los últimos años Coruña era todo un ejemplo de apoyo a las carreras populares y de organización de las mismas.
    Queremos simplemente que lo siga siendo.

    Responder

Have your say