Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

Denuncian o desprezo da dirección por mellorar as condicións da plantilla, con incumprimentos constantes no plan de igualdade ou no teletraballo

 Oesía é unha consultora tecnolóxica con máis 700 postos de traballo na Coruña; e que presta servizos ao Concello da Coruña

A Marea Atlántica presentou onte no Pleno do Concello da Coruña un rogo oral, instando ao goberno a recibir á representación sindical do Grupo Oesía na Coruña, que están a denunciar as malas condicións de traballo nesta empresa tecnolóxica e a negativa da dirección a negociar calquera tipo de mellora.

Segundo o concelleiro, Alberto Lema, que mantivo un encontro con representantes do cadro de persoal de Oesía, “outra vez estamos diante dunha compañía que opera nun sector decisivo coma o tecnolóxico, que obten grandes beneficios pero que recunca na precarización e nunhas condicións de traballo abusivas”. 

Nesta xuntanza quedou patente o malestar da plantilla, que denuncia o incumprimento sistemático das condicións de teletraballo, do plan de igualdade e doutros dereitos laborais. “A actitude de Oesía é inaceptable, máis aínda cando presta os seus servizos ao concello da Coruña mediante un contrato que dá emprego a 25 persoas” conclúe Lema.

Plantilla de 3.200 persoas, 700 na Coruña

A empresa de consultoría tecnolóxica Oesía conta cunha plantilla de 3,200 traballadores e traballadoras en todo o Estado, das que 700 están na cidade da Coruña. A situación do seu cadro de personal pon de manifesto a realidade de precarización laboral e subemprego nun sector, o da información e a telecomunicación, que é a estratéxico no futuro económico da nosa cidade e comarca, pero que non debería medrar ao prezo de recortar dereitos laborais. Unha precarización especialmente grave no caso desta empresa, que pecha ano tras ano con grandes beneficios económicos. 

Reclamámoslle ao goberno local que reciba a representantes do persoal da tecnolóxica Oesía para apoiar as súas reivindicacións laborais