Saltar ao contido

Xiao Varela lembra que a normativa urbanística debe aplicarse sempre “desde o interese xeral e a legalidade, e non a conveniencia de determinados axentes”

O grupo da Marea Atlántica solicitará acceso á instrución para interpretar o PXOM e o PEPRI que o goberno municipal presentou no encontro con promotores urbanísticos que deron en chamar ‘Mesa polo Desenvolvemento Urbano Sostible’, e que non foi compartida cos grupos da oposición. Como sinalou o concelleiro Xiao Varela, “é necesario analizar a fondo este documento, pero se hai dúbidas na interpretación da normativa, o que hai que facer é mudala, non poñer parches”.

Varela argumentou que o PXOM e o PEPRI deben ter a mesma interpretación para toda a veciñanza, “sempre desde a legalidade e o interese público, e non a conveniencia de determinados axentes”. E engadiu que “se a intención do goberno é mellorar a normativa para o ben común, pode contar coa nosa axuda, pero se procura adaptacións á carta, teranos en fronte sempre”.

A interpretación creativa das leis urbanísticas por parte de gobernos do PSOE non deixou boa herdanza nesta cidade, con casos como o Conde de Fenosa, Ofimático, as expropiacions do Castro de Elviña ou Someso, entre outros. Só no pasado mandato, o Concello tivo que asumir 25 millons de euros en sentenzas urbanísticas contrarias.

O goberno do PSOE anuncia que vai ‘interpretar’ o Plan Urbanístico nunha mesa con promotores