Xulio Ferreiro: “Poden excluírnos do debate na TVG, pero non dos espazos da xente”
O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña participou nun concorrido vermú popular no centro da cidade, que tivo lugar na mañá na que s e gravou un debate entre tres forzas tradicionais na TVG no que a presenza da Marea foi vetada “por decisión política”
A Marea Atlántica organizou un concorrido vermú popular no Café El Universal no centro da cidade, no que participou o seu candidato á alcaldía, Xulio Ferreiro, que se dirixiu aos presentes destacando que nesa mesma mañá os cabeza de lista de PP, PSOE e BNG gravaron un debate electoral na TVG do que quedou excluída a Marea “posto que Negreira ten medo a debater con nós porque sabe que somos a auténtica alternativa ás políticas antisociais do PP”.
“Este sinxelo e popular acto demostra que estamos cargados de ilusión, máis tamén de razóns, e por iso non se atreven a debater con nós; o PP sabe que o que nós lle imos dicir á cara ninguén máis o vai facer”, indicou Ferreiro diante de decenas de persoas, ante as que cualificou de “decisión política” o feito de que tres forzas tradicionais debatesen na televisión pública sen a presenza da Marea. “Pero aquí, nas rúas da cidade, está a Marea Atlántica. Poden excluírnos do espazos de debate electoral nunha televisión, pero non poden nin poderán excluírnos dos espazos da xente”, afirmou.
Os comentarios están pechados.