Saltar ao contido

moitas_pingas_post

A Marea Atlántica ten un proxecto para A Coruña: quere unha cidade democrática, xusta, transparente e sostible. E sabe como poñelo en práctica.

Sabemos o que queremos, e o vindeiro 24 de maio temos unha oportunidade histórica para gañar María Pita para a cidade e facer realidade este desexo común, mais só co teu esforzo poderemos facer unha campaña gañadora e sen deberlle nada a ninguén que poida comprometer a nosa independencia.

Abrimos esta campaña de achegas para manter unha autonomía total respecto de todas as entidades financeiras, porque sabemos -e o actual goberno municipal é un triste exemplo disto- que quen paga as facturas quere terminar mandando. Queremos que a nosa lealdade estea coa xente, e non cos bancos.

Todas as persoas podemos achegar unha pinga a esta onda que medra cada día: pon a túa.
Fai unha achega, a que poidas, para que medre a Marea Atlántica.

Apoia a Marea!

 


 

Por que facemos unha campaña de doazóns?

Para manter unha autonomía total respecto de todas as entidades financeiras.

Os partidos políticos sufragan os seus gastos de tres maneiras:

  • Mediante as subvencións públicas que reciben segundo os seus resultados electorais
  • Mediante créditos bancarios
  • Mediante fondos ordinarios do partido

As subvencións electorais só chegan pasado un ano da campaña, por iso os partidos adoitan recorrer a outros fondos de financiamento, por exemplo os créditos bancarios. Na Marea Atlántica queremos facer política dun xeito diferente. O noso código ético estipula claramente que renunciamos a pedir créditos bancarios que poidan coartar a independencia política da candidatura. Esta decisión lévanos a explorar outras formas de financiamento. Para iso, pedimos a participación cidadanía: queremos que a nosa lealdade estea coa xente e non cos bancos.

Porque nós non temos hipotecas. Nin as queremos.

Campaña de achegas: moitas pingas xuntas fan un mar enteiro