Saltar ao contido

Todos os grupos políticos do Concello colaboraron na elaboracióndo plan  que se presentará á segunda convocatoria das axudas EIDUS (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado)

No Pleno tamén se aprobou o cambio de uso do Faro de Oza e da antiga cafetería O Remanso, que se recuperarán para a cidadanía

No Pleno municipal do 12 de decembro demostrouse que, cando se pon a cidade por diante, cando hai vontade, é posible o acordo. Todos os grupos políticos aprobaron por unanimidade o proxecto do Concello para optar á segunda convocatoria das axudas europeas EIDUS (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado). Trátase dunha proposta elaborada desde o consenso e centrada na mobilidade sostible, que concibe A Coruña como unha Cidade Cercana.

A base do documento é reducir o uso do vehículo privado en beneficio do transporte público, a bicicleta e os traxectos a pé. E, a partir deste cambio de mentalidade, presenta novos usos para o espazo público que agora está ocupado polos coches. Defende zonas con menos ruído, sen tanta contaminación e que potencien a convivencia entre persoas de calquera idade e condición social.

O proxecto foi elaborado por unha comisión informativa especial, na que están representados todos os grupos municipais, e aproveita as cuestións mellor valoradas na primeira proposta para a EIDUS. O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela confirmou onte que esta comisión terá continuidade, ao ser un espazo no que “se demostrou vontade para chegar a acordos polo ben común”.

A Coruña, rescatada para a súa xente

O Pleno deulle tamén luz verde –con votos favorables de todos os grupos agás o PP– a varios cambios urbanísticos que permitirán rescatar e protexer varios lugares emblemáticos da cidade. O primeiro foi o antigo edificio do Remanso, na praza José Toubes, que será reformado para darlle un uso cidadán, apostando por conservar en lugar de derrubar. Investirase algo máis de 200.000 euros para darlle servizo ao barrio, fronte aos 1,2 millóns que pretendía gastar o PP en facer un edificio faraónico que non se axustaba ao plan urbanístico.

15400558_1513268298688168_7869636489694019371_nTamén se cambia o uso do antigo Faro de Oza, coa intención de convertelo nun local municipal a disposición da xente. “Atenderemos nha demanda histórica da veciñanza da zona, ademais de varias entidades do barrio. Temos que abrir á cidadanía un espazo tanto histórico como simbólico, no que se poderán facer todo tipo de actividades”, explicou a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso.

E, coa mesma idea de coidar o patrimonio, o Pleno aprobou o primeiro paso para ampliar o catálogo municipal de edificios protexidos. “Queremos levar aos barrios o recoñecemento que xa teñen outros lugares semellantes no centro, e preservar a memoria, rematando coa destrución no noso patrimonio que outros gobernos permitiron durante décadas”. Así, suspendese a concesión de licenzas urbanísticas para os embarcadoiros das Xubias, oantigo edificio do Club do Mar de SanAmaro, a Torre do Observatorio, o edificio Citröen –ao que o PP lle retirou a protección– ou a Escola Pablo Picasso, entre outros. Son un total de 18 inmobles que serán avaliados para garantir a súa conservación.

Aposta pola Estación de San Diego

O Pleno tamén aprobou, por unanimidade, a moción da Marea Atlántica para recuperar o servizo de transporte de contedores por tren e a mellora da Estación de San Diego, básica para A Coruña. A proposta inclúe a solicitude de integrar esta infraestrutura, básica para A Coruña, nunha rede metropolitana de ferrocarrís de pasaxeiros.

O Pleno aproba de xeito unánime o novo proxecto para optar a fondos europeos, baseado na mobilidade