Saltar ao contido

A Coruña, xunto a cidades como Barcelona, Madrid, Santiago, Ferrol ou Cádiz, asinou un documento crítico coa actual Federación Española de Municipios e Provincias, no que se lembra despois das últimas eleccións xurdiron novos espazos de colaboración municipalista

 

As eleccións municipais do 24 de maio de 2015 transformaron substancialmente o mapa local. Por primeira vez, iniciativas cidadás chegaron ao goberno das principais cidades co obxectivo de abrir as institucións e poñelas ao servizo das maiorías sociais. Entramos nos concellos para transformalos e facelos máis xustos e transparentes.

A FEMP, tal e como a coñecemos, xa non serve. Dominada polo bipartidismo, non foi un instrumento útil para reforzar a democracia municipal. E tampouco serviu para contrarrestar normas como a Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local (LRSAL), que supuxo un ataque sen precedentes contra a autonomía local.

Desde os municipios do cambio, consideramos que é fundamental contar con institucións que defendan o municipalismo, as administracións máis achegadas á cidadanía e ás súas necesidades. Consideramos que a FEMP debe asumir esas prioridades ineludibles que deberían comezar por pedir a derogación sen paliativos da LRSAL. Estes obxectivos son compartidos por todos os concellos asinantes e traballaremos para que se cumpran.

En definitiva, e tendo en conta a diversidade do mapa municipal resultado das últimas eleccións, consideramos que a FEMP debe afrontar un cambio profundo nos seus órganos de representación, abordando canto antes unha reforma dos seus estatutos para democratizar a entidade e non quedar varada no actual modelo de goberno bipartidista.

O pasado 24 de maio, en paralelo ao cambio en moitos gobernos municipais, abriuse tamén un novo espazo de cooperación entre cidades á marxe da FEMP. Un espazo solidario de colaboración e traballo en común, coa cidadanía como prioridade, que é preciso ampliar e profundar. E non deixaremos de facelo.

 

Subscriben:

Ayuntamiento de Madrid

Ajuntament de Barcelona

Concello da Coruña

Concello de Santiago de Compostela

Concello de Ferrol

Ayuntamiento de Cádiz

Ayuntamiento de Rivas-Vaciamadrid

Ayuntamiento de Puerto Real

Por un fondo cambio na FEMP