Cun sol como o do domingo, dache máis ganas de todo. Foi o que nos pasou á Marea de Palavea, Pedralonga e Santa Xema.
Estábamos algo nerviosas pensando cómo pintaría a xornada de troco que programáramos con moito empeño: ¿Viría xente? ¿Entenderían de qué vai? ¿Habería que explicar moito a cousa? ¿Habería bon rollo? ¿Quedarían con ganas de repetir? A máis de unha estás interrogantes fastidiáronlle un pouco o sono.
E como adoita acontecer cando a cousa vai de xente para á xente, a xornada resultou alegre, tranquila e comunicadora.
Al longo das tres horas que durou , fóron pasando e permanecendo un bo número de persoas. Algunhas nunca participaran nun troco. Tampouco sabían que había Marea activa na zona. Enseguida pillaban de que iba o troco; pillaban enseguida que o troco era “outra maneira” .Que non había nin diñeiro nin lupa. Que podías poñer tres cousas e levar catro; ou poñer catro e levar tres, ou ningunha; que hoxe por mín e mañá por tí.
A xente menuda expresabao de maravilla e con sinxeleza a traverso do micro aberto que puxemos. E máis de catro asistentes reclamaron que o repetíramos pero de forma fixa, periódica.
Algunha xente enganchouse ao grupo. Outras foron coñecedoras da Porta Aberta a Participación , decidindo asistir ao encontro no Centro Cívico de Palavea o martes 22.
O sol da mañá do domingo contemplou isto: xente, bo rollo, ganas de repetir e, mira tí, o sol pasmouse de que a xente logo capta iso tan anómalo de que o diñeiro non o é todo, de que a dictadura do diñeiro traenos miseria, de que é doado pensar colectivamente, é posible confiar nas persoas e saber que con accións pequenas vaise facendo unha sociedade mellor. En definitiva, facer normal o que para o sistema é unha anomalía
Así se anunciara y así aconteceu.
Os comentarios están pechados.