Novas da Marea

Manobras do PP para restrinxir o debate

Xulio Ferreiro: “O PP trata de evitar o debate coa Marea, buscando manobras que impidan a súa participación en determinados debates públicos e tentando de esquivar o que é unha evidencia, que a Marea vai entrar con forza no Concello”

XulioMPita

 

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro, criticou a intención do PP de “evitar o debate coa Marea, buscando manobras que impidan a súa participación en determinados debates públicos e tentando de esquivar o que é unha evidencia, que a Marea vai entrar con forza no Concello. O PP de Negreira non quere que se lles recorde a súa xestión ou casos que teñen investigado ou imputado a máis da metade do Goberno local e, cun escaso sentido democrático, pretende tamén que non se faga visible a alternativa real que representamos, por iso agóchase no electoralismo consistorial, negándolle á xente o dereito á información, do que unha parte fundamental é o debate con todas as forzas relevantes da cidade, non o limitado que busca o PP e para o que, por altura de miras democrática, agardamos que non atope cómplices. A Marea representa todo o contrario, a transparencia, por iso defendemos os debates, os que faga falta e con quen sexa necesario. O PP non pode dicir o mesmo, a súa aposta, como se comproba aquí ou por todo o Estado, é a opacidade”.

Have your say