Saltar ao contido

Xulio Ferreiro: “A pre-campaña xa situou á Marea como a principal referencia para quen desexa un cambio no Concello da Coruña”

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía participará mañá nun acto público en Madrid xunto ás principais plataformas cidadás do Estado, como a candidata de Barcelona en Comú Ada Colau, e que “sitúa A Coruña á fronte da rebelión democrática e o novo ciclo político”

 

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro, fixo o primeiro balance da pre-campaña que está a piques de finalizar, da que dixo que “serviu para dar a coñecer o proceso cidadá e de unidade popular que é a Marea, que xa se situou como principal referencia para quen aposta por un cambio no Concello da Coruña para que este poña por diante os dereitos da xente e non os intereses dunha minoría”.

“Na Coruña, o cambio de ciclo político, o aire novo, chámase Marea Atlántica. Enfronte temos máis do mesmo, co PP de Negreira e Rajoy. Esta realidade é unha evidencia xa para gran parte da cidadanía e o será aínda máis durante a campaña”, declarou Ferreiro, que pechará a pre-campaña participando este mércores nun acto en Madrid xunto a outras plataformas cidadás do Estado, como a Barcelona en Comú que encabeza a activista social Ada Colau, así como iniciativas semellantes como Ahora Madrid, con Manuela Carmena, ou as de Zaragoza, Málaga ou Terrassa. “A Marea coloca A Coruña e Galicia onde ten que estar, no foco da rebelión democrática, dos intereses das persoas como prioridade, na primeira liña dun novo ciclo que será municipal pero irá moito máis alá”, sinala Ferreiro.

Balance positivo antes da campaña