Deputación

A Marea rexeita a proposta organizativa de PSOE e BNG na Deputación da Coruña

Duplícanse funcións como as xefaturas de gabinete e o equipo de comunicación, co que semella que se queren conformar dous gobernos en paralelo

É preciso reducir o salario de deputados e deputadas e baixar as retribucións por asistencia a plenos e comisións. Tamén é preciso que os grupos da oposición teñan presenza nos órganos

 

Promesa das deputadas proviniciais da MareaO grupo da Marea Atlántica no Pleno da Deputación da Coruña non apoiará a proposta organizativa que lle presentaron PSOE e BNG, as forzas que configuran o goberno provincial, e insta a ambas as dúas a negociar unha proposición alternativa. So así poderían obter o voto positivo da Marea no vindeiro pleno

A candidatura cidadá coruñesa apoiou o gobernod e cambio impulsado por PSOE e BNG na sesión de investidura.  Porén, na proposta organizativa vense duplicadas varias funcións, (xefaturas de gabinete e equipos de comunicación, entre outras), do que parece deducirse que non se está a preparar un único goberno, senón dous.

Nesa mesma sesión plenaria, Rocío Fraga, Daniel Díaz Grandío e Claudia Delso, representantes da Marea prometeron poñer a Deputación ao servizo da cidadanía, cumprindo o código ético desta plataforma e os principios de transparencia e participación. Por iso, a Marea considera que a Xunta de Goberno da institución provincial debería incorporar un representante de cada grupo da oposición, sen voto pero con voz, para facilitar un mellor seguimento da acción executiva e dos compromisos asumidos na investidura. Na mesma liña, as comisións informativas deberían estar compostas por un único representante de cada grupo, o que suporía un aforro e permitiría manter a proporcionalidade grazas ao voto ponderado.

O grupo da iniciativa cidadá coruñesa tamén aposta por reducir o salario das deputadas e os deputados, tanto as do goberno como as da oposición.  Abondaría con 40.000 euros brutos anuais no caso do presidente e os 35.000 euros brutos anuais para o resto das representantes no pleno. Tamén propón que se rebaixen as retribucións por asistencias a plenos e comisións informativas, ás que renunciarán as deputadas da Marea Atlántica en cumprimento do seu código ético. No caso das comisións de traballo, mesas de contratación e comisións de valoración, consideramos que as asistencias non deberan ser retribuídas.

Ademais, reivindícase a presenza dos grupos da oposición nos órganos colexiados. Os representantes da Marea Atlántica agardan poder tratar todas estas cuestións en vindeiras reunións coas forzas do goberno provincial.

1 comment

  1. Enhorabuena. Este el camino de la regeneraci’on democr’atica. Transparencia, remuneraciones acordes con estos tiempos de crisis, razonabilidad organizativa. =Enhorabuena!

    Responder

Have your say