Saltar ao contido
Xanela de Proxectos

A Xanela de Proxectos da Marea Atlántica xorde do noso compromiso coa cidade coma unha convocatoria anual que busca apoiar economicamente iniciativas que contribúan á transformación social, política e económica cara un modelo de cidade máis xusto, equitativo e sostible. Esta convocatoria está financiada cos cartos dos excedentes salariais dos nosos cargos públicos, cos que tamén se financian iniciativas coma a Oficina dos Dereitos.

Tras o éxito da primeira edición, nesta segunda Xanela de Proxectos ampliamos o importe ata os 12.000€, para aumentar a nosa colaboración con entidades, asociacións e colectivos.

Tal e como recollen as bases da Xanela de Proxectos da Marea Atlántica, o día 2 de novembro danse a coñecer os resultados provisionais, o prazo para emendas remata o vindeiro día 9 de novembro, e a publicación definitiva dos resultados terá lugar o día 12 de novembro.

Contactaremos coas persoas responsables dos proxectos finalmente seleccionados a través do correo electrónico, para explicarlles os seguintes pasos, como son a sinatura dos convenios e a presentación pública dos proxectos.

Moitas grazas a todas as entidades que participastes nesta segunda edición da Xanela de Proxectos da Marea Atlántica.

Lista e puntuación de proxectos seleccionados (resultados provisionais)

Nome do proxecto e entidade

Puntuación

“Elna Maternity Center” – ONG AIRE

96.9

“Coruña Vivensa” – ONG Sen Valos

86.3

“Libres na casa” – Asociación ARELAS

80.0

“Traballo de pares con persoas estranxeiras” – Comité Ciudadano Antisida da Coruña

69.5

“Burbuxas” – Asociación ASPERGA

78.3

“Repensando o noso habitat a través de todas as olladas” – Aventeira S. Coop. Galega

72.9

Resultados provisionais da Xanela de Proxectos 2021