Sen categorizar

Prazas limitadas para o acto de apoio á Marea

 

150509_ANUNCIO_HASHTAG

 

 

Se tedes pensado acudir ao acto de Rebeldía Democrática e apoio á Marea Atlántica que terá lugar esta tarde ás 19.30 horas en Palexco, debedes ter en conta algunha cuestión importante para garantirvos non quedar sen sitio. O recinto onde terá lugar o acto ten unha capacidade máxima de 1.500 persoas. Para evitar aglomeracións, as portas de Palexco abriránse unha hora antes do inicio, ás 18.30 horas, e pecharánse unha vez completadas as prazas, de maneira que convén chegar con marxe de tempo para non quedar fóra.

Por otra banda, durante o evento habilitarase na pranta baixa de Palexco un espazo para os nenos e as nenas, que poderán quedar ao cargo das coidadoras. Tamén, na sala onde terá lugar o acto reservaránse prazas para persoas con mobilidade reducida.

#Marea24M

11 comments

  1. Dispuesta a ayudar para que se consiga el cambio,no sólo político,cambio de sociedad.

    Responder
  2. deseo acudir

    Responder
  3. non me parece ben o das prazas limitadas. Eu son unha traballadora que sae as sete de traballar, e pensaba en ir apoiarvos e máis escoitar a Pablo Iglesias en directo. ter aforo limitado nun caso así, e unha locura.

    Responder
  4. Sería bó poñer unha pantalla fora para a xente que non poidaa entrar. Apertas

    Responder
    • O noso presuposto é limitado e poñer pantallas fora, co aumento de persoal de seguridade que iso implica, suporía un custo que non nos podemos permitir.
      Saúdos.

      Responder
  5. Favor transmitir o mitin en streaming, ou enviar un enlace polas redes. Moitas gracias. PD. Éxitos para Marea Atlántica.

    Responder
  6. Buenas tardes, me pueden indicar donde puedo acceder a su página web en castellano. Gracias

    Responder
  7. Mi pregunta es porque Podemos no se adhirió a la Marea de Vigo . No se habla de confluencia de fuerzas .

    Responder
    • A pregunta deberías remitila á Marea de Vigo e/ou a Podemos Vigo.
      Saúdos.

      Responder
  8. Como votante da Marea gustariame moito asistir pra observar de primeira man, as 25 ideas que se pretenden aprobar como primeiras medidas no goberno local da Coruña.

    Responder

Reply to Diego

Cancel reply