Mareas

Festa das Letras da Marea do Km0

Cartaz da Festa das Letras

O próximo martes 17 de Maio, coma todas saberedes, celebramos o Dia das Letras Galegas que este ano está adicado ao insigne poeta Chairego Manuel María.
Dende a Marea Barrial de Palavea, Pedralonga e Santa Xema queremos celebrar este dia coa veciñanza dos nosos barrios.

Por iso organizamos unha Festa das Letras con solta de libros,  lectura grupal  de libros, música na rua, talleres de marcapaxinas para as crianzas, xogos tradicionais coma carreira de sacos, o pañuelo e o lanzamento do primeiro número do noso boletín chamado Km0

O noso Boletín tenta ser un altofalante dos actos da nosa Marea do Km0 e da política da Marea Atlántica no concello asi como tamen falará das historias que transcorreron nos nosos barrios e nas nosas vidas, os campamentos do Movemento Xove de Palavea o cambio na directiva da Asociación de Veciños de Pedralonga, falará das Xornadas de Troco que celebramos na Piscina da Fábrica de Armas os derradeiros domingo de cada mes, e tamén, como non, faremos unha onda homenaxe ao coruñes de adopción Manuel María.

Todos estos actos faremolos na Praza do Centro Cívico de Palavea o martes 17 de Maio a partires das 12 da maña.
Estades todas e todos invitados.

Have your say