Saltar ao contido

A Marea Atlántica inicia unha nova rolda de conversas coas organizacións políticas e sociais da cidade.

A Marea Atlántica reanudou as conversas coas forzas políticas da cidade que amosaron a súa vontade de confluír no proceso cidadán que puxemos en marcha o pasado mes de xullo, de cara a traballar na fase de Marea Viva. A primeira reunión celebrouse o pasado 3 de decembro coa Coordinadora Local de Anova, coa intención de explicarlles a fase do proceso que pretendemos acometer nas vindeiras semanas: a Marea Viva.
Dende o grupo de apertura da Marea Atlántica informouse de cómo está sendo o proceso de preparación da Marea Viva e os seus obxectivos, que non son outros que afortalar a confluencia entre os diferentes actores políticos e cidadáns, elaborar o código ético dos cargos electos da Marea Atlántica, deseñar a metodoloxía de confección de candidaturas e de programa participativo; definir a forma de presentación ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio, e a forma na que a Marea Atlántica se relacionará cos seus cargos electos e co goberno municipal.
Dende a Coordinadora de Anova valorouse moi positivamente o proceso e promoverán entre a súa militancia a participación nos grupos de traballo e nas Mareas. Amosaron a súa predisposición a axudar en todo o posíbel a ao éxito deste proceso cidadán, de xeito que sexa a ferramenta dos veciños e veciñas da Coruña para gobernar a súa cidade.

xuntanzas | Anova