Saltar ao contido

O alcalde da Coruña participou na asemblea fundacional de Un país en comú, o novo partido nacido en Cataluña para mudar as institucións en beneficio da maioría social

“A nosa meta non é mudar os inquilinos e xestionar o que hai. Viñemos para cambiar as institucións, e precisamos novas ferramentas”

 

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, estivo en Barcelona como convidado á asemblea fundacional de Un País en Comú, a nova forza política que representa o espazo do cambio en Cataluña. “Porque somos comúns e estamos en común, construímos ferramentas de ruptura democrática, distintas entre si, cada un as súas, desde a lealdade e a cooperación. E porque xuntas aprendemos a facelo así, formamos parte dunha rede fraterna. O noso non é unha alianza, é unha familia”, asegurou Ferreiro na súa intervención ante as máis de 2.000 persoas asistentes.

 

 

Lembrou que as bases de Un País en Comú están na primavera democrática de 2015 e nos procesos de confluencia municipalistas, pero  chega o momento de dar un paso máis: “O municipalismo é xa unha realidade, con dous anos de políticas diferentes en decenas de concellos. Sen municipalismo non hai cambio, pero o municipalismo non é suficiente. Fomos quen de entendelo, e por iso estamos aquí”.

O dereito de querer mais e o deber de loitar para conseguilo

C858AbRWAAAzoD-.jpg largeFacendo memoria, explicou que “ás veces semella que esquemos a nosa propia biografía. Os obstáculos, os fracasos, as fórmulas equivocadas, os disgustos e os rodeos. Ás veces esquecemos que nada foi doado nos últimos anos. Pero soubemos construír, e temos que seguilo facendo tamén a nivel de país. Será de novo difícil. Non sempre estaremos todas. Sempre queda algo por facer. Sempre podemos ser máis e encaixar mellor. Que non se nos esqueza que temos dereito a querer máis e a querelo mellor. Ao que non temos dereito á a non estar e a non intentalo. Iso, a nosa xente non nolo perdoaría xamais”.

Ferreiro deulle as grazas a Xavier Domenech, Gerardo Pisarello, Ada Colau e todas as persoas que “seguen fieis ao espírito co que comezamos esta aventura hai agora tres anos.E por facelo coa mirada longa, Sen nos distraer nin confundir o inimigo. Sodes impresdindibles”. E trasladou o apoio da Marea Atlántica e das iniciativas municipalistas galegas ao proceso de Un País en Comú.

Xulio Ferreiro: “Sen municipalismo non hai cambio, pero non abonda só co municipalismo”