Saltar ao contido

A cita contará coa participación do psicoterapeuta Iñaki García Maza e cun coloquio de voces expertas en saúde mental 

Será a partir das 10.00h no Circo de Artesáns, con acceso de balde ata esgotar o aforo

 

A Marea Atlántica organiza, o vindeiro sábado 18 de marzo, unha xornada para debater e ofrecer alternativas ao problema da saúde mental. Contará coa presenza de Iñaki García Mazapsicoterapeuta e docente, e incluirá un coloquio con profesionais e voces expertas. Analizaremos o incremento das patoloxías mentais, tras a pandemia e as crises económicas, falaremos da escaseza dos recursos públicos para atendelas e trataremos de ofrecer solucións con perspectiva municipalista. 

A cita será ás 10.00h no salón de actos do Circo de Artesáns (San Andrés, 26), con acceso libre mentres haxa aforo. Comezará cunha conferencia de García Maza titulada “Saúde mental e malestares contemporáneos: repensando dende as prácticas sociais”. Será presentado por Xan Xove, candidato da Marea Atlántica á Alcaldía da Coruña. 

Posteriormente, terá lugar un coloquio con distintas asociacións e colectivos, para ampliar o foco e as perspectivas sobre o problema. 

  • María Isabel Vázquez Souza, psiquiatra e representante do Movemento Galego de Saúde Mental.
  • Susana Castro León, terapeuta e cocreadora do GAM de acompañamento emocional que funcionou durante a pandemia.  
  • Marta González Rodríguez, psicóloga e representante da Asociación de Psicólogas Clínicas do Sergas.
  • Iñaki García Maza, psicoterapeuta e presidente da Asociación “Zimantarri”. 
  • Modera: Beatriz González de Canales, enfermeira no Hospital da Coruña e número 2 da candidatura da Marea Atlántica.   

Sábado 18 de marzo: xornada para debater e visibilizar o problema da saúde mental