Saltar ao contido

  O alcalde e candidato á reelección lembrou que “este foi un mandato cheo de primeiras veces” e presentou a publicación Xente de Palabra, que repasa as políticas dos últimos catro anos e que se reparte xa polas rúas da Coruña

 

A Marea Atlántica organizou este sábado, 6 de abril, un acto co que facer balance do traballo realizado no último mandato e dar conta do que quedou por facer. Este encontro, previsto no Campo da Leña, trasladouse ao local da Praza do Humor debido á choiva. O candidato á reelección como alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, repasou brevemente estes “catro anos cheos de primeiras veces” e explicou que “cumprimos o 70% do noso programa electoral e temos o 25% en marcha, faltou un 5% e completalo é unha das cousas que máis me motivan para seguir outros catro anos e asumir novos retos e un novo contrato coa xente”. No acto tamén interviñeron as candidatas Susana Soneira (9), Leticia Barbadillo (13), Antía Garrote (16) e Celsa Díaz Cabanela (26).

F20190406_SGR_marea_acto_G88B1757erreiro definiu este como “un mandato cheo de primeiras veces”, e describiu algunhas, como “a primeira Renda Social Municipal, o primeiro cumprimento da Lei de Memoria Histórica e o principio de laicidade das institucións democráticas. Baixamos por primeira vez o prezo do autobús. Eliminamos por primeira vez os vertidos á ría. Fiscalizamos por primeira vez algunhas concesións e algúns contratos que facían un negocio redondo abusando da cidade. Incorporamos á oposición por primeira vez á Xunta de Goberno. Baixámonos, tamén por primeira vez, os salarios á metade. Puxemos orde nas terrazas da Pescaría por primeira vez. Démoslle voz por primeira vez á cidadanía nos plenos e creamos os primeiros orzamentos participativos. Demos as primeiras licenzas de ocupación no Ofimático. Asegurámoslle a luz e a auga, por primeira vez, a quen non a pode pagar. Creamos o primeiro centro de baixa esixencia para persoas sen teito. Comparecemos todos os meses, por primeira vez, diante da veciñanza”.

 

Cifras e moito máis que cifras

“Temos tanto que contar que fixemos un xornal enteiro para contárvolo”, sinalou o alcalde, referíndose á publicación Xente de palabra, que comezou a repartirse hoxe: “As súas páxinas están cheas de números que describen as prioridades dun goberno que ten que decidir, cada día, onde van parar os cartos. Non é o mesmo dedicalos a incrementar as bolsas comedor ou a baixar as tarifas das escolas infantís, como fixemos, que a darlle intereses á banca por obras faraónicas”. Pero, proseguiu, “isto non vai só de números, vai de como queremos vivir na Coruña os próximos 50 anos e de como A Coruña pode influír en como imos vivir no planeta os próximos 50 anos. De quen ten dereito á cidade e de que cidade queremos deixarlle ás xeracións vindeiras”.

_MG_8693Ferreiro agradeceu a todas as persoas que se achegaron ao acto malia o cambio de emprazamento e desafiando o mal tempo, e lembrou que “así gañamos en 2015, e así nos mantivemos no goberno estes catro anos, mesmo cando moitas veces parecía que o tiñamos todo en contra, grazas ao apoio e á confianza de xente coma vós”. E amosou tamén o seu agradecemento a “todas as persoas que me acompañaron durante este mandato, moitas delas anónimas, facendo un traballo inmenso, moi especialmente as concelleiras María García, Silvia Cameán, Xiao Varela, Claudia Delso, Alberto Lema, Eugenia Vieito, Daniel Díaz Grandío, Rocío Fraga e José Manuel Sande”.

E finalmente, convidou a todas as presentes a “facer algo revolucionario: falemos coa xente que temos máis cerca, falemos en voz baixa, en voz alta, na casa, na rúa, no traballo, onde sexa. Pensemos que cidade queremos para nós e que cidade queremos para os que virán. Fagamos algo revolucionario, construamos esa cidade xuntas”.

 

As moitas voces da Marea Atlántica

Neste encontro na Praza do Humor tamén interveu Celsa Díaz Cabanela, Republicana de Honra 2019, represaliada do franquismo e unha muller que representa o espírito libertario da Coruña: “A Marea Atlántica trouxo á nosa beira un montón de ferramentas coas que foi posible mudar cousas que parecían perennes. Estes catro anos, sen ir máis lonxe, a Marea devolveunos a Memoria”.

_MG_8550 20190406_SGR_marea_acto_G88B1818 20190406_SGR_marea_acto_G88B1917 20190406_SGR_marea_acto_G88B1925Celsa sinalou que “esta é a cidade das cigarreiras, dos movementos obreiros, do republicanismo e das liberdades. Houbo que non quería que recordásemos. Querían que non dixésemos que a moitos veciños e a moitas veciñas as mataron no Campo de Rata. Querían que non nos lembrásemos de que moitas estivemos no cárcere polas nosas ideas. En pleno 2015, as rúas da nosa cidade aínda rendían homenaxe a quen sementou o terror. Pero, afortunadamente, a Marea tróuxonos a Memoria”.

Da súa banda, Susana Soneira, decana do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, e vicepresidenta do Consello Xeral de Colexios de Graduados Sociais de España explicou por que decidiu dar o paso de sumarse á candidatura da Marea Atlántica: “Vin un proxecto honesto encabezado por unha persoa honesta como Xulio Ferreiro. Vin un goberno que non pensa nas próximas eleccións, senón nas próximas xeracións. E vin un compromiso coa xustiza social, que nos levou a ser a cidade galega con maior investimento social por habitante. Quero facer todo o posible para que este proxecto continúe”.

Antía Garrote, titulada en Humanidades e traballadora en precario, coruñesa de adopción e de corazón, fixo un relato moi persoal do seu compromiso político e concluíu: “Hai que esixirlle ás nosas cidades que nos coiden cando o precisamos, que nos faciliten educarnos e que nos fagan máis libres. Eu vivín todos estes procesos aquí e espero seguir facéndoo”.

Finalmente, Leticia Barbadillo, activista pola educación pública e os dereitos das persoas diversofuncionais e mareante desde 2015, sinalou “o rápido que deixamos de ver o extraordinario de que un movemento cidadán estea a gobernar A Coruña, de que se poñan en marcha políticas de participación, de que exista unha Renda Social Municipal, de que as políticas ambientais se planifiquen con criterios de xustiza no acceso á natureza… Parece que esta cidade sempre tivera sido así. Pero é algo extraordinario”.

 

Xente de Palabra

Neste acto tamén se presentou a publicación Xente de Palabra, que fai repaso e balance con datos de todo o acadado durante estes catro anos de mandato.

O xornal, que se repartirá dende hoxe polas rúas da cidade, tamén está dispoñible en versión dixital para descarga na páxina www.xulio2019.gal/somos-xente-de-palabra.

 

GALERÍA DE FOTOS

_MG_8323

Xulio Ferreiro: “Cumprimos o 70% do noso programa e puxemos en marcha outro 25%, somos xente de palabra