Saltar ao contido

A Rede escolleu a Xove, xa deputado autonómico nos últimos meses da anterior lexislatura, como representante da Marea Atlántica na candidatura de coalición para o 5 de abril

A Rede da Marea Atlántica designou o pasado 27 de febreiro a Xan Xove como candidato que representará á nosa plataforma municipalista nas listas da coalición Galicia En Común-Anova-Mareas para as eleccións autonómicas do 5 de abril.

O seu nome foi respaldado por ampla maioría, e ocupará o posto número 5 da candidatura pola provincia da Coruña.

Xan Xove foi deputado autonómico desde setembro de 2019, realizando nestes meses un gran traballo tanto desde a Comisión de Pesca como en defensa dos intereses da Coruña, en cuestións como a recuperación dos peiraos e o bordo litoral, a protección de espazos naturais como as Illas de San Pedro e a contorna da Torre, ou un financiamento xusto para a Orquestra Sinfónica.

Xan Xove representa á Marea Atlántica nas listas de Galicia En Común-Anova-Mareas