Xan Xove
(1977)
Sempre na loita por un mundo e unha Coruña máis xusta, democrática, verde e feminista
Pasou a súa infancia na Agra, a adolescencia no Castrillón e agora residente en San Roque de Fóra, case toda a vida apañando o bus da liña 14. Titulado en Traballo Social, carteiro rural e delegado sindical en Correos. Foi Deputado no Parlamento de Galicia, participando nas Comisións de Pesca e Marisqueo, de Educación e Cultura e de Control da CRTVG, entre outras.
Compoñente de históricas bandas de rock galego, de “trad” e da música mestiza en Barcelona. Dende a loita contra o servizo militar obrigatorio até a defensa da lingua e a cultura galegas, pasando polo ecoloxismo, Nunca Máis e a Burla Negra, as Marchas da Dignidade, o 15M, o asociacionismo veciñal e, desde 2014, na Marea Atlántica.