Saltar ao contido

Silvia Cameán

Silvia Cameán

Concelleira do Grupo Municipal da Marea Atlántica

Remuneración: 30.000€ bruto/ano.

Son licenciada en Dereito pola UDC, e exercín a avogacía por conta propia en despacho colectivo entre 2012 e 2015.

Completei a miña formación con xornadas e cursos de especialización en mediación civil e mercantil, a incidencia das reformas laborais sobre os dereitos das mulleres, Dereitos Humáns e globalización, estranxeiría, Centros de Internamento de Persoas Estranxeiras en España (CIEs), dereitos humanos e globalización e dereito á defensa. Tamén realicei o programa de acceso e permanencia na quenda para atender de oficio ás vítimas de violencia machista.

No anterior mandato, fun conselleira de Xustiza Social, Educación e Coidados. Estou absolutamente convencida do dereito á alegría e da necesidade de loitar por unha vida que mereza ser vivida. As mulleres debemos participar na política para aportar outra mirada, para feminizar a política e facer posíbel unha sociedade máis xusta