Rodri Gil
(1989)

Creo nunha Coruña capaz de tenderlle a man á xente vulnerable e garantir a xustiza social
Fillo da emigración. Nado en Caracas (Venezuela) e veciño da Agra do Orzán. Educador social e responsable da Oficina dos Dereitos da Marea Atlántica.
Membro da Xunta de Goberno do Colexio de Educadoras Sociais de Galicia. Activista contra a pobreza e a exclusión. Voceiro da Marea Atlántica. A Renda Básica Universal sempre no horizonte.