Saltar ao contido

María García

María García

Voceira do Grupo Municipal da Marea Atlántica

Remuneración: 35.000€ bruto/ano.

Nacín na Coruña en 1978. Desde os 15 anos na defensa ambiental, que deveu en profesión e paixón. Estudei a Licenciatura de Ciencias Ambientais en León, Planificación e Desenvolvemento Local na Coruña e Medio Ambiente e Formación en Alemaña.

Traballei como educadora ambiental en diversos programas, entre eles na planta de Nostián. Fun Técnico Municipal de Medio Ambiente en Carnota, onde xestionei o dispositivo de crise da marea negra do Prestige. Durante 8 anos, en Alemaña, tomei parte en proxectos de desenvolvemento urbano sostible baseados na participación cidadá e a autoorganización. Dende o centro cultural da ufaFabrik (“Best Practice” do programa Hábitat de Nacións Unidas) desenvolvín proxectos europeos de transferencia do coñecemento con escolas de FP de Galicia, Alemaña, Portugal, Dinamarca, Francia e Letonia.

Durante o pasado mandato fun Concelleira de Medio Ambiente. Síntome orgullosa e agradecida de pertencer á Marea Atlántica, un símbolo da cidadanía empoderada.