Saltar ao contido
Un avión de volotea

Hai menos dun mes saltaba a nova de que Vueling retirará en setembro o seu avión baseado na Coruña, diminuindo frecuencias e eliminiando conexións. Ainda así, o Concello pretende pagarlle 900.000 euros. E, agora, Volotea, directamente anuncia que se retira de Alvedro, co que tamén se perdería a conexión con Bilbao.

Segundo Alberto Lema, “Son dúas pésimas noticias que amosan a incompetencia, o desleixo e a total incapacidade do actual goberno da Coruña para manter uns niveis mínimos de operatividade en Alvedro nun momento, ademais, no que a crise económica derivada do impacto do Covid-19 esixe dobrar os esforzos no mantemento e optimización das infraestruturas estratéxicas da nosa cidade, como sen dúbida é o aeroporto. “

 

A Marea Atlántica lamenta a ineficacia e o desleixo do goberno municipal sobre como están sendo abordados asuntos de vital importancia para o desenvolvemento econónico da Coruña como é o caso de o aeroporto de Alvedro. Do mesmo xeito, a Marea Atlántica insta a Inés Rey a explicar que xestións se realizaron ou se están a realizar para solucionar este problema. 

Meses despois de que o Aeroporto de Alvedro pechase o 2019 batendo o seu mellor rexistro histórico, o Concello da Coruña amósase incapaz de chegar a un acordo con Vueling para que manteñan o seu avión baseado na Coruña, malia a anunciar un acordo con esta compañía por 900 mil euros. Agora tampouco parece ser quen de acadar un acordo con Volotea para asegurar a permanencia desta compañía na pista coruñesa.

 “De momento, os veciños da Coruña non sabemos se esta é a esquerda útil que nos anunciaba o PSOE, o que si sabemos a veciñanza da Coruña é que esta esquerda nos sae carísima, non só pola suba salarial senón tamén pola súa manifesta incompetencia en cuestións como a da xestión de Alvedro, unha mala xestión que vai ter unha incidencia importante na economía da cidade nun momento de crise galopante” declara o concelleiro Alberto Lema que tamén lembra “No pasado pleno o concelleiro de Turismo anunciaba, non só a continuidade de Volotea, senón o aumento da súa conectividade, un anuncio que amosa agora a súa falsidade”. 

Á perda da conexión con Bilbao a partires de setembro, de confirmarse, sumaríase tamén á perda das conexións con Valencia e Málaga que ofrece Vueling, así como ao empeoramento da conectividade con Londres, un destino de natureza estratéxica para a economia da nosa cidade.

A Marea Atlántica lamenta a ineficacia do goberno de Inés Rey para chegar a acordos coas compañías de Alvedro