Saltar ao contido

Logo de reunirnos con representantes das familias afectadas para coñecer nos avances, esiximos que se retome este foro, sen convocar hai meses

O grupo municipal da Marea Atlántica volve reclamarlle ao goberno local que convoque canto antes a Mesa de Traballo coa veciñanza de San Vicenzo de Eviña afectada polo planeamento do antigo Parque Ofimático, hoxe Xuxán, para avanzar unha solución definitiva, tal e como se comprometeu no pacto de investidura. “Onte reunímonos con representantes das familias afectadas para coñecer o estado da cuestión e os avances nas xestións que debía facer o goberno local para darlles unha solución definitiva. É urxente que volva convocarse a Mesa de Traballo para que o propio goberno explique as súas propias previsións ao respecto”, sinala o vivevoceiro da Marea Atlántica, Iago Martinez.

No acordo de investidura asinado coa Marea Atlántica, o PSOE comprometeuse a recoller o traballo do mandato anterior e revolver este conflito, creado polas malas políticas urbanísticas de Francisco Vázquez. En decembro de 2019, ante a complexidade da cuestión, pactouse a convocatoria regular dunha Mesa de Traballo para impulsar unha solución.

O problema das promotoras forzosas

Cómpre lembrar que unha parte do complexo desastre que os gobernos de Francisco Vázquez no Concello da Coruña e Manuel Fraga na Xunta de Galicia causaron no Ofimático mantén a varias familias atrapadas como promotoras forzosas da urbanización de Xuxán. De executarse o previsto, estas persoas quedarían sen as súas casas e terreos na zona a cambio dunha edificabilidade difícil de materializar, pero que as obriga a pagar cotas pola urbanización e a instalación de servizos básicos igual que se fosen grandes construtoras. Falamos de miles de euros ao ano. Unha situación inxusta e complexa, que non pode desatenderse.

Urxe que goberno local convoque a mesa de traballo prevista nos pactos de investidura para dar unha solución ás afectadas de San Vicenzo de Elviña