Sen categorizar

XulioFerreiro

Unha Renda Social Municipal para loitar contra a exclusión

Xulio Ferreiro anuncia que a Marea Atlántica creará unha Renda Social Municipal para persoas en risco de exclusión que pode alcanzar ata un máximo de entre os 400 e os 700 euros mensuais

O candidato á alcaldía da Marea cifra en tres millóns de euros o custo da aplicación da medida, que calcula que podería beneficiar a unhas 1.200 familias ás que se lle axudaría a obter un mínimo de renda básica

XulioFerreiro

O cabeza de lista da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou outra das 25 medidas que a candidatura que encabeza tomará de maneira inmediata cando acceda ao goberno local despois dos comicios municipais de maio. Así, Ferreiro desvelou que a Marea creará unha Renda Social Municipal “destinada a aquelas persoas en risco de exclusión social e que axude a garantir o acceso a unha vida digna a toda a cidadanía, con teito, auga, luz e subsistencia”.

Ferreiro apuntou varios datos sobre a emerxencia social que fan necesaria esta iniciativa, “xa que A Coruña conta cun 13% da súa poboación por baixo do limiar da pobreza e 22.000 persoas desempregadas, das que a metade non recibe ningún tipo de subsidio”. Así mesmo, indicou que na cidade hai 1.153 que precisan da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) da Xunta ou das Axudas de Emerxencia Social (AES) para saír adiante.

Xulio Ferreiro insistiu no feito de que a Taxa de Risco de Pobreza medrou na Coruña (2007-2012) nun 70%, o maior incremento dos sete concellos  galegos. Ao que hai que engadir que desde que goberna o Concello o señor Negreira as persoas perceptoras de RISGA ou AES medraron nun 54% .

Así, o candidato á alcaldía da Marea Atlántica afirmou que a Renda Social Municipal que propón “completaría os ingresos das persoas que o precisen até que alcancen o límite máximo para poder acceder á RISGA, o que podería alcanzar unha contía máxima de entre 400 e 720 euros mensuais segundo a cantidade de membros da unidade familiar e a inclusión ou non de menores”. A Renda Social Municipal non sería compatible coa RISGA e, segundo estimacións da Marea, podería axudar a unhas 1.200 familias na cidade.

“Esta medida custaríalle ao concello tres millóns de euros anuais, polo que non se trata dun brinde ao sol senón de algo perfectamente asumible”, apuntou Ferreiro, que engadiu que os fondos desta Renda Social Municipal poderían obterse mediante “a mellora da recadación, a renegociación das condicións financeiras da débeda, a revisión dos convenios coa Autoridade Portuaria ou o aforro dun millón de euros ao ano que suporá reducir á metade o custo do goberno municipal ao rebaixar gastos e soldos de cargos electos e asesores”.

Por outra parte, o candidato á alcaldía da Marea Atlántica tamén anunciou o comezo da confección do programa participativo co que a iniciativa cidadá se presentará ás eleccións, que comezará esta fin de semana cun Encontro Aberto á Cidadanía e que finalizará, tras un periodo de participación a través de internet, coa presentación do Programa Electoral o 14 de abril.

Por último, Xulio Ferreiro volveu valorar as primarias que a Marea celebrou a pasada fin de semana, cuxa participación cualificou de “excelente”. “Máis de 700 persoas emitiron o seu voto, o que nos converte no proceso interno máis participativo de todos os que se realizaron na cidade de cara a estas eleccións e tamén na candidatura que se presenta cun maior aval cidadán. Por poñer exemplos, nas primarias do PSOE só votaron 421 persoas. E iso, por non falar das do PP, nas que só vota unha persoa: o señor Núñez Feijóo”, afirmou o cabeza de lista da Marea Atlántica.

XulioFerreiro_prensa

6 comments

  1. Pingback: Unha Renda Social Municipal para loitar contra a exclusión | Partido Humanista Internacional de A Coruña

  2. La medida seria muy justa, pero conviene explicar bien las cosas. Yo nunca suelo entender los juegos de cifras que dan en general las instituciones y desearia que en el caso de la marea no fuese igual. Entonces si se benefician 1200 familias a una media de 550 euros al mes , son 6600 euros anuales, lo que haria un total unos ocho millones de euros al año, entonces como lo hacemos con tres?, seguro que hay explicacion , pero es bueno saberla para poder opinar

    Responder
    • Benefícianse 1200 familias, pero non todas percibirán as cuantías máximas sobre as que estás a facer a media. Trátase dun complemento de ingresos, haberá persoas que reciban un complemento de 100€, outras 50€, outras 200€ … trátase dunha medida de emerxencia, que non será a única en materia social.

      Graciñas polo teu interese.

      Responder
  3. a) A renda social é unha cuestión da Xunta ou do Estado, non dun Concello.
    b) E infantil pensar que se poden sacar tres millóns de euros ( cada ano ) da manga, ” millorando a recaudación” ou “renegociando a deveda”. Non hai moitos medios para ” millorar” espectacularmente a recaudación municipal, que xa funciona ben, e desde logo, non hai moito marxe por arriba. O único real é baixar os soldos dos políticos, todo o outro é retórica.
    O dito: nen é un tema municipal, nen hai cartos. A obsesión por establecer rentas básicas choca, unha e outra vez,ca falta de medios, e leva a tentar facer políticas de ” Estado” nos concellos.

    Responder
  4. Xulio Ferreiro da cantidad de explicacións sobre a situación da xente en risco de exclusión social. Pero despacha en unha línea ( nada convincente ) de onde ía sacar os cartos ,a maiores, que serían necesarios para pagar eso. Así, calquera.
    Ninguén se cree que ” milorando a recaudación municipal” se poderían sacar un millón de euros adicional cada ano, porque eso é inviable.Non hai recursos pendentes de recaudar cada ano por esa cantidad. Tampouco é viable sacar un millón de euros cada ano ” renegociando a déveda”.
    Nótase demasiado que o candiadato non ten nen idea de cómo conseguir eses cartos, e por eso non fala do tema, despachando o asunto con catro vaguedades.

    Responder
    • Na Marea Atlántica estimamos que hai marxe de mellora na recadación municipal e que a carga financeira do Concello pode ser reducida nunha cuantía significativa, ao igual que poden reducirse custos coma o xa anunciado en materia de equipo de goberno e asesores. Somentes ista última medida, implica recuperar para as arcas do Concello un millón de euros anuais.

      Hai que considerar que somentes a obra do túnel da Mariña implica un custe para o Concello que cubriría, varias veces, a cuantía estimada para ista medida.

      Responder

Reply to Jaime

Cancel reply