A Marea Atlántica xa ten candidatura para as eleccións municipais de maio. Unha candidatura para entrar en María Pita e devolver o Concello á cidadanía, para construír, desde abaixo, unha nova forma de facer política, baseada na participación e que beneficie as maiorías sempre esquecidas polas elites.
Porque A Coruña é de todas, e porque queremos un Goberno que escoite a xente, e a obedeza.
Medra a Marea!