Saltar ao contido

 

10847884_925479714130490_1656342153254111533_n

Máis de 400 persoas, moitas de pé, ateigaron onte 19 de decembro o Auditorio do Paraninfo da Universidade da Coruña no acto organizado pola Marea Atlántica: a conversa aberta entre Ada Colau [Guanyem Barcelona] e Manuel Rivas [escritor, xornalista e mareante]

A charla deu de cheo en temas cruciais da nova enerxía política [podes ver o streaming por aquí: https://bambuser.com/v/5162362https://bambuser.com/v/5162386https://bambuser.com/v/5162388https://bambuser.com/v/5162479https://bambuser.com/v/5162507] e deixounos o sabor e a marusía non só de que temos un desexo común, senón de que tanta mobilización, enerxía e gañas de darlle a volta ás cousas e repensalas entre todas non poden ser inútiles… e non o han ser.

«A democracia real é máis laboriosa e máis lenta, pero tamén nos gusta máis»
«O berro de ‘Sí se puede’ é moito máis ca un berro de esperanza, é unha realidade imparable»
«Se non temos democracia real é porque non existen contrapoderes: contrapoder xudicial, mediático…»
«Se algo aprendín estudando Filosofía é que cando algo parece obvio, a única solución posíbel, debes sospeitar»
«As institucións a día de hoxe non nos serven […] Repensar a institucionalidade»

Ada Colau voltou a pór sobre a mesa que a revolución democrática é unha tarefa presente que temos que construír entre homes e mulleres, entre iguais; e déixanos unha lembranza para o futuro: «Lembremos, nos días difíciles, que estamos a facer o que hai que facer».

1510734_925766154101846_7925791134716122162_n

tras a conversa Colau-Rivas