[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ background_position=”left top” background_color=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” spacing=”yes” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”0px” margin_bottom=”0px” class=”” id=”” animation_type=”” animation_speed=”0.3″ animation_direction=”left” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” center_content=”no” last=”no” min_height=”” hover_type=”none” link=””][fusion_text]
“A adxudicación dos contratos de liñas interurbanas para os vindeiros 10 anos prioriza as demandas das empresas sen avanzar na resposta ás necesidades reais da cidade e a área metropolitana”, sinala María García
Asemade, o Concello continúa sen abordar medidas para impulsar o uso do transporte público, asistindo pasivo á diminución de usuarios e usuarias ne pandemia. De seguir así, en setembro A Coruña verase ateigada de coches.
A Marea Atlántica insta ao goberno local a impulsar o transporte público como unha prioridade dentro dos plans de mobilidade para a cidade. O pasado 14 de agosto publicábase a adxudicación, por parte da Consellería de Infraestruturas, das liñas interurbanas que comunican a área metropolitana da Coruña pola súa parte leste e oeste. Uns novos contratos nos que non se esixe ningún tipo de coordinación cos autobuses da cidade, sen avanzar nun modelo de servizo integrado de mobilidade para toda a área metropolitana.
No ano 2018, o goberno de Xulio Ferreiro impulsou un acordo da Mesa de Alcaldes e Alcaldesa da comarca da Coruña para reclamar unha autoridade única para o transporte metropolitano, e realizou varias alegacións ao Plan da Xunta, alegacións que foron completamente ignoradas neste novo concurso. Desde o cambio no executivo local, o PSOE non deu un só paso neste sentido.
Como advirte María García, “a convocatoria do concurso público para adxudicar estas liñas era o momento idóneo para tratar de coordinar o transporte metropolitano e dar solucións eficientes de mobilidade, facéndoo atractivo e realmente útil para unha área amplísima de poboación.” E continúa García: “As administracións deben cooperar para crear unha rede coherente, integrada e intermodal baixo unha autoridade única de transporte”.
Dende o eido local deben artellarse estratexias e tomar un papel activo cara ao desenvolvemento dunha mobilidade máis sostible e capaz de responder ás demandas cidadás, tal e como ven marcando Europa nos derradeiros anos. “Durante o anterior mandato convocamos a mesa dos alcaldes e alcaldesas, na que o transporte público metropolitano foi protagonista”, sinala García e, continúa: “Tamén realizamos unha análise fonda a través das enquisas orixe-destino para coñecer os hábitos da veciñanza metropolitana, que avanzaba moito neste sentido. É unha boa herdanza e cremos que a Xunta de Galicia e o Concello deben aproveitar e volver a colocar o transporte público na lista de prioridades”.
[/fusion_text][fusion_builder_row_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]
Nin un só paso para impulsar o uso do autobús
En resumo, pasividade e falta de ambición. Tampouco se están a traballar por parte do Concello novas medidas ou melloras que impulsen o uso do autobús no actual momento, no que a Covid-19 fixo que minguase a confianza de moitos usuarios e usuarias no transporte público.
De non tomarse algún tipo de medida para atallar este problema, sen ir máis lonxe, en setembro coa volta masiva ao traballo e ás aulas, asistiremos a un incremento do coches na cidade cun enorme impacto non só na situación do tráfico, senón no medio ambiente.
[/fusion_text][/fusion_builder_column_inner][fusion_builder_column_inner type=”1_2″ spacing=”” center_content=”no” hover_type=”none” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” border_radius=”” box_shadow=”no” dimension_box_shadow=”” box_shadow_blur=”0″ box_shadow_spread=”0″ box_shadow_color=”” box_shadow_style=”” padding=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”8861|medium” max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”none” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mareatlantica.org/wp-content/uploads/2020/07/foto-post-bus-e1593612490765-300×151.png[/fusion_imageframe][/fusion_builder_column_inner][/fusion_builder_row_inner][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]